Referentes históricos

A fundación de Roma remóntase ao 753 a.C. As súas orixes fundacionais son confusas, e nelas mestúranse historia e lenda, atribuíndoselle a súa creación aos irmáns Rómulo e Remo.

A partir das súa fundación, a historia de Imperio Romano divídise en tres grandes períodos:

a) Monarquía (753-509 a. C.): etapa escura gobernada por reis, dos cales os tres últimos eran de orixe etrusca, os cales influirán na cultura e arte romana.

b) República (509-31 a.C.): etapa que se inicia tras a expulsión dos etruscos, e na que os romanos realizan numerosas colonizacións e conquistas, derrotando nas chamadas Guerras Púnicas a exércitos dos cartaxineses.

C) O Imperio (31-476 a.C.): etapa na que, todos os territorios pasan a depender dun emperador, dividindo ese imperio en provincias. Pero a partir do s. V, as tribos bárbaras do norte de Europa inician a reconquista sos seus dominios, ata que no ano 476 o último emperador romano é vencido polos ostrogodos.

Cunha sólida estrutura social, xurídica, política e comercial, o pobo romano estivo culturalmente influenciado pola civilización etrusca e pola cultura grega. A arte foi un instrumento básico de ostentación do poder -sobre todo durante a época imperial- construíndo en todas as cidades conquistadas grandes edificios, tanto públicos como privados. A partir do 391, as creenzas políteístas da Grecia clásica foron substituídas polo cristianismo.

Evolución artística

Entre os antecedentes da arte romana debe sinalarse a arte etrusca, que alcanzou o seu máximo esplendor entre os séculos VII e V a. C., e abarcou gran parte do norte da península Itálica.

Posteriormente, tras o sometemento de todos os territorios da península Itálica -acabando así coa civilización etrusca-, Roma estendeu os seus dominios políticos e culturais por todas as terras que rodean as costas mediterráneas, parte de Europa continental, as illas Británicas, Siria e Mesopotamia.

Cronoloxicamente pode falarse de Roma dende o ano 509 a.C., cando son expulsados os etruscos, ata o 476 d.C.Non obstante, dende un punto de vista cultural e artístico podémonos referir a unha arte propiamente romana ata o século II a.C. Así e todo, tradicionalmente, diferenciouse esta arte en dous períodos:

a) Republicano (ss. III-I a.C.) durante o cal se observa a influencia das formas culturais gregas.

b) Imperial (ss. I a.C.- V d.C.), no que se distingue unha arte tardo-romana a partir de finais do século III d.C.

Fonte Vicens-Vives