Hesíodo

Poeta de Beocia de principios do século VII a. C. Fai uso do estilo de Homero, pero o seu temática é moi diferente. En

Teogonía narra a orixe do mundo e dos deuses. Nos traballos e os días dá consellos ao seu irmán sobre o cultivo dos campos.

Reivindica por primeira vez a xustiza, fronte aos abusos e as desigualdades dos poderosos. A maior pretensión de Hesíodo era

educar e, como tal, recoñéceselle como iniciador da poesía didáctica.

O mundo de Hesíodo xa non é o aristocrático de Homero, senón o medio rural de Beocia, no que os campesiños pasan necesidades económicas e loitan por saír adiante. Tampouco se subliña na súa obra o carácter de mero entretenimiento, senón que busca instruír mediante contidos moralizantes . Hesíodo inaugura unha nova etapa na literatura que, como a sociedade que deixa traslucir nos seus poemas, terá xa ao individuo como preocupación primordial, non a tradición heroica.