Introdución

Estados Unidos convírtese na potencia hexemónica mundial. O crecemento económico trala Gran Guerra deu paso a unha "economía especulativa" dende 1925.

Que é especular? Realizar operacións financeiras e comerciais con cousas negociables, a fin de lucrarse na bolsa coas variacións do seu curso.

A Gran Depresión foi unha grave crise económica mundial que se prolongou durante a década anterior á Segunda Guerra Mundial. A súa duración depende dos países que se analicen, pero na maioría comezou ao redor de 1929 e estendeuse ata finais da década dos anos trinta ou principios dos corenta.

Foi a depresión máis longa no tempo, de maior profundidade e a que afectou a máis países das sufridas no século XX. No século XXI foi utilizada como paradigma de ata que punto pode diminuír a economía mundial.

O fenómeno iniciouse en Estados Unidos, tras unha década de crecemento económico, incremento do endebedamento e especulación bolsista, con beneficios rápidos e fáciles. Habitualmente sinálase como primeiro síntoma claro, ou como detonante, da Depresión o denominado Xoves Negro (24 de outubro de 1929), co esborralle da Bolsa de Nova York e a perda vertixinosa do valor das accións alí cotizadas, aínda que a contracción da economía comezara no primeiro semestre de 1929. O esborralle do prezo das accións foi extraordinariamente intenso, alcanzando tinguiduras dramáticas. Gran número de inversionistas viron como o seu diñeiro, en moitos casos tomado a crédito, se volatilizaba en cuestión de días. O crash bolsista motivou unha reacción en cadea no sistema financeiro, con numerosos bancos que empezaron a ter problemas de solvencia e de liquidez ao acentuarse a desconfianza na súa capacidade de reembolsar aos depositantes. Aumento constante do prezo das accións de Wall Street: A crise dáse por unha prosperidade falsa que ao principio as ganancias en accións eran moi rápidas pero non con bases reais.

A Gran Depresión tivo efectos devastadores en case todos os países, ricos e pobres. A renda nacional, os ingresos fiscais, os beneficios e os prezos caeron, e o comercio internacional descendeu entre un 50 e un 66%. O desemprego nos Estados Unidos aumentou ao 25%, e nalgúns países alcanzou o 33%.

Cidades de todo o mundo víronse gravemente afectados, especialmente as que dependían da industria pesada, a construción practicamente detívose en moitas áreas. A agricultura e as zonas rurais sufriron a caída dos prezos das colleitas que alcanzou aproximadamente un 60 por cento.Ante a caída da demanda, as zonas dependentes das industrias do sector primario, con poucas fontes alternativas de emprego, foron as máis prexudicadas.

Os países comezaron a recuperarse a mediados da década de 1930, pero os seus efectos negativos en moitos países duraron ata o comezo da Segunda Guerra Mundial. A elección como presidente de Franklin Delano Roosevelt e o establecemento do New Deal en 1932 marcou o inicio do final da Gran Depresión en Estados Unidos. Con todo, en Alemaña, a desaparición do financiamento exterior, a principios da década de 1930, e o aumento das dificultades económicas, propiciaron a aparición do nacional-socialismo e a chegada ao poder de Adolf Hitler.