Acrópole de Atenas

Época: século de Pericles (460-430 a.C)

Entre as cidades gregas, Atenas e, dentro dela, a Acrópole constitúen o emblema da Grecia Clásica.

Esa situación foi configurada por unha tradición secular enraizada en entresixos mitolóxicos, segundo os cales naquel lugar tiña a deusa Atenea a súa compracencia. A súa predilección correspondía aos desvelos e homenaxes que incesantemente tributábanlle os habitantes, reciprocidade chamada a colmar os máis altos designios.

A entrada á Acrópolis realízase por unha porta monumental chamada «Propileos» (5). Unha gran estatua de bronce de Atenea (4), construída por Fidias, situábase no centro do recinto. Á dereita desta estatua se erige o Partenón (1) que albergaba a estatua crisoelefantina de Atenea Parthenos, tamén obra de Fidias. Á esquerda dispoñíase o Erecteión (3), cunha tribuna sustentada por seis cariátides.

1. Partenón. 2. Antigo Templo de Atenea. 3. Erecteion. 4. Estatua de Atenea Promacos. 5. Propíleos. 6. Templo de Atenea Niké. 7. Eleusinion. 8. Santuario de Artemisa Brauronia ou Brauroneion. 9. Chalkoteka. 10. Pandroseion. 11. Arrephorion. 12. Altar de Atenea. 13. Santuario de Zeus Polieus. 14. Santuario de Pandion. 15. Odeón de Herodes Ático. 16. Estoa de Eumenes. 17. Sanctuario de Asclepio ou Asclepeion. 18. Teatro de Dioniso. 19. Odeón de Pericles. 20 Temenos de Dioniso. 21 Aglaureion.

A Acrópole deAtenas sitúase sobre un outeiro, onde anteriormente atopábase un palacio micénico. Nela levántanse o Partenón, o Erecteion, os Propíleos, o templo de Atenea Niké. Ademais, tamén se atopaban algunhas das máis soadas estatuas da arte grega como Atenea Lemnia e Atenea Promacos, realizadas por Fidias. Anualmente celebrábanse as chamadas festas Panatenaicas, nas que unha procesión das fillas das mellores familias áticas, entregaban á deusa Atenea un novo peplo.

Atenas acada o seu máximo poder durante o período coñecido como "Pentecontecia" termo que se usa para referirse ao período da Historia de Grecia que comprende desde a derrota dos persas na Segunda Guerra Médica en Platea en 480 a. C., ata o inicio da Guerra do Peloponeso en 433 a. C. O termo é orixinario de Tucídides, quen o usa na súa descrición deste período. A Pentecontecia está marcada pola ascensión de Atenas como polis dominante no mundo grego e o auxe da democracia ateniense. É durante este período onde o máis acendrado antropocentrismo, ao que os gregos sempre foran proclives, triunfou en toda liña. A actuación de Pericles e a dos personaxes integrados no seu círculo alcanzaron o triunfo e fixérono redundar en gloria de Atenas.

Así se converteu a Acrópole en obxecto de atención especial para os gobernantes de Atenas. Existe, pois, unha vinculación evidente entre eles e os monumentos sucesivamente construídos. Para a época que tratamos convén esclarecer a relación de dependencia entre o programa construtivo da Acrópole e a vontade de Pericles. Que el é a mente inspiradora e quen se empeñou en sacar a empresa adiante é innegable, pero tamén o é a intervención directa e activa dunha comisión de obras creada especialmente ao efecto, para controlar e dirixir a situación. Nela estaba Pericles e a ela puideron ser chamados artistas amigos seus, como o arquitecto Iktinos e o escultor Fidias, pero en última instancia é o pobo ateniense, a través dos seus representantes, o responsable das obras. "A Vida de Pericles" de Plutarco e a epigrafía da Acrópolis son fontes inagotables para a cuestión.

O primeiro monumento que se empezou a construír na Acrópolis o ano 448/447 foi o Partenón, seguido dos Propíleos, do templo de Atenea Nike, tras un longo tira e afrouxa no seo da comisión, e do Erecteion, cuxas obras conclúen cara a 406. Case medio século, xa que logo, de febril actividade e dificultades vencidas, pois cada monumento parece superar en complicaciónss topográficas e técnicas ao que lle precedeu.

Fronte á concepción hipodaminana de polis humaa, articulada a partir de trazados ortogonalis, a Acrópolis de Atenas, a cidade divina, presentaba unha organización libre e refinada, erigida sobre unha topografía complexa, e que tivo en conta a disposición dos acantilados e a pendente da explanada supuerior para alumar un conxunto vivo e inesperado.

O Erecteion. Vista das Cariátides mirando á praza

Vista dos Propileos, con Nike Áptera en primeiro plano.

Abaixo vista de Nike Áptera