Vila Capra (Vila Rotonda)

Catalogación

Autor: Palladio

Cronoloxía: 1551-1553

Tipoloxía: vivenda

Material: pedra, ladrillo, estucado e mármore

Estilo: renacentista/ clasicista

Localización: Vicenza (rexión do Veneto)

Contexto histórico

O Renacemento, que se desenvolve entre os séculos XV e XVI, constitúe un dos momentos culturais máis importantes de Occidente e con fonda influencia posterior. Iniciase nas repúblicas italianas do norte, a zona máis urbanizada de Europa, con cidades enriquecidas polo comercio en mans dunha burguesía culta e refinada. Actúa como factor favorecedor do cambio estilístico a inmediatez física da herdanza clásica á que se volve como fonte de inspiración.

Desde Italia expándese cara a outros puntos de Europa, pero con matices locais e diferencias que nalgúns casos chegan a ser moi profundas.

Se xa a mesma denominación de Renacemento significa o desexo de recuperar cultura da Antigüidade clásica, e con iso romper coa Idade Media, o factor determinante vai ser a concepción do que se deu en chamar Humanismo, un novo modo de ver o mundo guiado polo antropocentrismo, en oposición ó teocentrismo medieval. Se o home se converte en referencia universal e medida de todas as cousas, desde o punto de vista artístico desembocase nun naturalismo iniciado na pintura do Trecento italiano (Giotto) e nos primitivos flamengos (Van Eyck), que, distanciándose da fe, se conecta ó coñecemento científico, un desexo de saber que se aplica a todo e deriva en importantes logros sexa na xeometría, na óptica, na astronomía ou na navegación, sen esquecer a perspectiva. Non é raro que un artista sexa ó tempo arquitecto, pintor, enxeñeiro, ... Caso particularmente notable en Leonardo da Vinci.

Desde este fundamentos de Humanismo e investigación, a beleza vaise obter a través da harmonía, a proporción e o equilibrio, de xeito similar ó que fixeran tempo atrás os gregos, por iso o naturalismo non significa imitación da realidade senón elaboración intelectual (neoplatonismo)

Outro cambio importante ten que ver coa consideración social do artista: se a arte é unha actividade intelectual, os artistas xa non son meros artesáns, senón traballadores intelectuais e humanistas. O artista toma conciencia de si mesmo, firma con orgullo as súas obras, autorretrátase, busca un estilo propio e diferencial, estuda e investiga, conta con talleres con aprendices e eleva a súa cotización.

Os mecenas que promoven e patrocinan as artes son os príncipes gobernantes, as familias poderosas, os condottieros, os papas,.. O artista traballa baixa un contrato case de exclusividade na corte dos seus clientes e/ou comitentes

Os grandes arquitectos do Quattrocento son: Brunellechi e Alberti, aínda que destaca tamén Michelozo. No Cinquecento os grandes arquitectos serán Bramante, Miguel Anxo e Palladio o autor que construiu "Villa Rotonda".

O Renacemento rompeu co estilo góti­co, tomou como modelo a arte da antiga Roma e empregou os mesmos canons clásicos. Habitualmente, utilizáronse como elementos sustentables as tres ordes gregas -dórica, xónica e corintia-, ás que se lles engadiron as dúas ro­manas -toscana e composta-. Como elementos de cobertura, o arco de medio punto, a bóveda de ca­nón e a cúpula de media laranxa en substitución do ciborio medieval.

No Cinquecento (século XVI), para decorar as edificacións os artistas crearon monstros, metade animal e metade humanos, así como tamén vexetais, aos que lles deron o nome de grutescos, en alusión ao descubrimento dunhas pinturas co­as mesmas características na Domus Aurea de Nerón, un palacio cuxos salóns parecían grutas.

Os arquitectos do século XVI tiveron tamén un grande interese pola normativa clásica. Escri­bíronse tratados de arquitectura como os de Se­bastiano Serlio, Jacopo Vignola e Andrea Palladio, influenciados claramente polos tratadistas antigos, como por exemplo Vitrubio, á vez que pola visión, análise e estudo dos monumentos da antigüidade romana. Unha das súas característi­cas máis importantes foi a inclusión de imaxes que completan as descricións escritas.

Comentario