Escultura: período arcaico (séculos VII-VI a. C.)

Representación de figuras humanas masculina, chamadas Kuroi (atletas nus) e femininas, chamadas Korai (mulleres vestidas, xeralmente sacerdotisas.

En canto as formas e estilo, estas figuras reflicten claramente a influencia dos modelos orientais do antigo Exipto:rixidez e frontalidade do corpo -unicamente rota ao adiantar lixeiramente a perna esquerda-, monumentalidade -podían chegar a medir ata 3 m de alto-, e concepción esquemática das diferentes partes do corpo e do rostro a partir da xeometría.

A Dama e Auxerre (s. VII a.C.). Museo do Louvre.

Representa probablemente a unha sacerdotisa. O seu corpo é ríxido e as súas faccións hieráticas. Os pés e mans, de gran dimensión, son desproporcionados.

Cleobis e Bitón (s.VI a. C.) Museo de Delfos, Grecia.

A pesar dos seus arcaismos, estes Kuroi xa deixan entrever o movemento das súas pernas e un modelado distinto ao exipcio.

O Efebo de Critios (480 a.C.) Museo da Acrópole, Atenas

Mostra xa a transición á etapa clásica, cunha expresión plástica e do movemento moito máis naturalista e cunha forma de tratar a pel máis delicada.

Kouros de Anavysos (530 a.C.500 a. C.)

Museo Arqueolóxico Nacional (Atenas)