Pobos indíxenas

Fenicios e gregos relacionáronse cos pobos autóctonos peninsulares. Da relación entre uns e outros, é dicir, do nivel cultural dos pobos peninsulares, e do impulso achegado polos colonizadores, saíron áreas culturais distintas: a área celta e a área ibera. Un dos pobos peninsulares cos que os fenicios tiveron posiblemente unha Tartessos.

Estas dúas grandes áreas de influencia compartiron o territorio peninsular. Se se trazase unha diagonal no mapa da Península Ibérica, podíanse sinalar esas dúas grandes áreas. A área celta estendeuse pola parte Noroccidental, mentres a ibera ocupou a parte do Levante e do Sur.