Tema 8. A economía do período de entreguerras (1918-1939)

O cine e a historia

Este filme, realizado en 1936, describe unha época de inestabilidade económica e social. É unha obra de denuncia centrada esencialmente nas consecuencias para o ser humano da implantación do maquinismo taylorista nos medios de produción. Utilizando inesquecibles gags humorísticos leva a cabo unha observación aguda do crack de 1929, cos seus conflitos sociais e a crise económica posterior, precursora do ascenso dos fascismos europeos. A integración dun ton cómico no contexto dramático non resta eficacia á crítica, e permite analizar temas como o traballo, a máquina, o paro, as institucións penais, a crise económica... Doutra banda, con este filme Chaplin enfrontábase por primeira vez á técnica do sonoro. Trátase, pois, dunha obra crave na transición fundamental do desenvolvemento expresivo do cine, e como tal, merece unha atención especial desde o punto da análise socioeconómica e estético.