Mies van der Rohe

Catalogación

Título: Pavillón alemán

Arquitecto: Mies van der Rohe, Ludwig (1886-1969)

Cronoloxía: Construído en 1929, foi demolido trala Exposición Universal.

En 1986 reconstruíuse no mesmo emprazamento e coa máxima fidelidade ao orixinal.

Estilo: Movemento moderno (Racionalismo funcionalista)

Materiais utilizados: travertino romano, ónix, mármore verde, aceiro inoxidable e vidro.

Localización: Barcelona

O Estado alemán encargoulle a Mies van der Rohe o proxecto dun pavillón para a inauguración da Exposición Universal de 1929 en Barcelona, a concepción do cal debía encarnar o novo espírito alemán da República de Weimar. Así, a claridade for­mal e o rigor plástico do pavillón evoca­ban os novos valores racionalistas e demo­cráticos que pretendían relegar os antigos valores imperiais.

A vida de Mies corre paralela á de Gropius: ámbolos dous foron alemáns, discí­pulos do pioneiro da arquitectura indus­trial Peter Berhens, directores da Bauhaus e exiliáronse ós Estados Unidos, en 1937, trala eclosión do nacionalsocialismo. Mies é o máximo expoñente da construción con aceiro e vidro; os seus rañaceos con­vertéronse na "primeira pedra" da cidade do futuro e as súas máximas sintetizaron os principios da arquitectura moderna: "a arquitectura é a vontade dunha época tra­ducida ó espazo"

O edificio, que debía representar a Alema­ña na Exposición Uni­versal de Barcelona de 1929, tiña unha función protocolaria –acoller a recepción do rei Afonso XIII du­rante a inauguración da Exposición–, pero tamén simbólica: re­flectir os novos valo­res –transparencia, austeridade, perfección e racionalismo- da República de Weimar.

Exterior

O edificio que non ten unha fachada en sentido estrito eríxese sobre un podio rectángular (1) , ó cal se accede a través dunha escaleira de oito chanzos. Situado ante a entrada principal atópase un estanque rectangular (2), cunha superficie de aspecto acristalado que semella unha continuación dos paneis de vidro e que delimitan o espazo interior do edificio.

Un muro corrido (3) de travertino romano enlaza a construción principal coa zona de servizo _

- despachos e aseo - localizada ó outro extremo , xunto o estanque. Percorre parte do muro un banco do mesmo material.

Destaca a cuberta, totalmente plana e horizontal, que se adianta en beiril respecto da estrutura inferior por un extremo, mentres que polo outro deixe ó descuberto un pequeno patio (4) cun estanque.

O efecto resultante é dunha lámina totalmente plana que se desprazase cara adiante. Nunha esquina a estatua Mañá, de Georg Kolbe, é a única concesión ó figurativismo nunha redonda de paredes de mármore verde con vetas naturais que lembran as liñas dun cadro abstracto.

Estanque coa estatua Mañá de Georg Kolbe

Planta e interior

A sustentación da cuberta recae sobre oito piares metálicos (5), cruciformes, dispostos en retícula a intervalos regulares. Os piares están claramente separados dos muros para que sexa evidente que estes últimos non son de carga senón que definen o espazo. Así grandes rectángulos de mármore verde ou de cristal transparente ou opaco forman paredes ilusorias, que tanto cerran o espazo, delimitándoo, como o abren ó exterior, esvaecéndoo. A capacidade reflectora da auga dos estanques potencia esta sensación. O resultado é un recinto aberto e polivalente onde a fronteira entre "dentro " e "fora" se esvace.

Muro de ónix dourado coa alfombra e a moblaxe especialmente diseñados por Mies

Destaca a célebre cadeira Barcelona, que popularizou os mobles fa­bricados con tubo metálico.

É a sé central de Seagram, un moderno edificio de 157 metros de altura e 39 plantas. O autor innovouse deixando un espazo fronte á entrada do edificio que funcionaría como praza e zona pública para a poboación. O edificio susténtase pola trama de aceiro que o compón e un núcleo central de formigón armado. Nun principio pretendíase que puidese distinguirse toda a edificatoria e a composición da construción, pero as normas estadounidenses relacionadas impedían levalo a cabo, así pois tívose que cubrir o aceiro con algún material ignífugo como o hormigón, para que en caso de incendio, non houbese ningunha posibilidade de que o aceiro se derritiese. Para recordar a estrutura do edificio, Mies recorre ao uso de perfís de dobre T de bronce que se aprecian desde fóra, ao longo e ancho de toda a fachada.

A enorme gravidez deste rañaceos é solucionada polo arquitecto, situando uns robustos piloltes na planta baixa, que permiten elevar todo o bloque do chan e producir unha contraditoria sensación de lixereiza.

Máis información : Enseñ-arte

No corazón mesmo do Pavillón reside a súa gran xoia: o muro central de ónix dourado do Atlas, de excep­cional colorido, as fermosas augas do cal crean un intenso efecto escultórico. Esta parede dourada, xunto coa alfombra negra e a cortina vermella que completan a sucinta orna­mentación, son unha alusión ás cores da bandeira alemana. Finalmente, a decoración interior componse do mobiliario escrupulosamente deseñado polo propio Mies.

Catalogación

Título: Segram BuildingS

Arquitecto: Mies van der Rohe, Luiwig

Cronoloxía: 1954-1958

Estilo: Internacional

Localización: Nova York

A CONSTRUCIÓN DE PEL E ÓSOS

O Pavillón alemán caracterizase pola usteridade e polo predominio das for­mas puras e simples. Mies aplicou nel a úa teoría da "construcción de pel esos", que inspirou a varias xeracións de arquitectos: aceiro e formigón como estr­utura, e vidro a xeito de pel brillante que recubre o esqueleto.

Esta concepción, unida á superposición e planos rectangulares en diferentes di­recións para distribuír o espazo interior sen cerralo nunca por completo, xera a eculiar relación existente entre interior exterior, e contribúe, asemade, a integra­r o edificio no entorno.

Esta implicación co entorno foi sempre moi importante para Mies, que buscou o contraste entre a xeometría estricta do Pa­villón e a redonda natural de árbores e arbustos que lle ofrecía o parque-monta­ña de Montjuic.

O impacto do Pavillón tamén se debeu á modernidade e á beleza dos materiais nobres empregados. O gran mérito resi­de en cómo foron utilizados –en grandes superficies de formas simples e audaz­mente ensambladas– e no rupturista aire de modernidade que lle imprimiron ó con­xunto.

A procura de estructuras elementais reali­zada por Mies materialízase en dúas ti­poloxías de edificios: o pavillón para a construcción horizontal e o rañaceos para a construcción vertical;chegouse a afirmar que o rañaceos non é senón un pavillón amoreado vertical­mente.

Os seus rañaceos, en Estados Unidos, ca­tapultárono como máximo representante do estilo internacional e son os expoñen­tes máis puros da arquitectura de pel e ósos: estruturas metálicas revestidas por superficies acristaladas de aparencia con­tinua. Sen ornamentos, sen referencias historicistas, sen muros sustentantes, as fa­chadas dos cales se converteron en me­ros illantes do exterior. Subxace, así e to­do, un clasicismo evidente no coidado das proporcións, a perfección compositi­va dos detalles e os materiais dos acaba­dos.