Riña de gatos, Madrid 1936

"Riña de gatos" é un retrato do momento convulso do pasado de España, na primaveira de 1936, onde a comedia, o enredo, o esperpéntico e a chispeante caracterización dos personaxes, serven de divertimento para unha mirada crítica do momento previo ao estallido da guerra civil española.

Argumento Anthony Whitelands, británico especializado en pintura española, viaxa a Madrid para valorar o suposto lenzo de Velázquez que posúe unha adiñeirada familia aristocrática e que pretenderá vender si finalmente estala a contenda. O que parecía un asunto de poucos días, convértese, por obra da ficción, nun maremágnum de intrigas amorosas, políticas e de espionaxe nas que o protagonista verase envolto.

Este é o punto de partida que utiliza Eduardo Mendoza para crear outra das súas novelas sobre un momento da historia de España, como xa fixese nos seus mellores títulos: A verdade sobre o caso Savolta, A cidade dos prodixios ou O ano do diluvio, novelas que, independientemente da súa trama, sérvenlle para facer unha reflexión sobre distintos momentos da nosa historia.

En "Riña de Gatos" hai unha homenaxe implícito aos autores da Xeración do 98, non é casual a utilización do esperpento de Val Inclán para caracterizar aos personaxes e ao ambiente madrileño en si, nin tampouco é allea a influencia da novela de Pío Baroja á hora de elaborar tramas, ambientes e personaxes. Esta homenaxe, explícito ou implícito ten moito que ver coa idea de España, abocada ao desastre, que argumentaban osda xeracióndo 98. Unha profecía que estaba a piques de cumprirse.

Os personaxes, ficticios ou reais, sempre van estar rozando a barreira do grotesco. Tanto José Antonio Primo de Rivera, como Sánhez Mazas ou Fernández Custa resultan especialmente paródicos e custa crer, desde a perspectiva da actualidade, que tivesen a capacidade de caudillaxe que finalmente desembocou nun abismo.

Eduardo Mendoza non xulga o que estaba sucedendo na España do 36, o seu narrador omnisciente sepáralle diso; pero o feito de introducir a un estranxeiro como protagonista da novela, fálanos da mirada obxectiva da realidade que se estaba vivindo, e esa realidade era realmente grotesca.

En definitiva, "Riña de Gatos" é unha magnífica novela grotesca, moi emparentada co esperpento porque a realidade española era así nese momento. A reflexión sobre o problema non a fai Mendoza pois se limita a caracterizar unha sociedade a piques de romperse e a ofrecer unha trama de enredo que parece ser unha metáfora de como estaban as cousas en marzo de 1936.

Eduardo Mendoza, Riña de gatos,

Premio Planeta 2010