Terceira guerra carlista

ABOLICIÓN DOS FUEROS VASCOS.- Terminada a terceira guerra carlista, Cánovas dispúxose a levar a cabo o seu

concepto de España, unha visión unitaria e centralista onde non cabía a existencia de particularismos. Moderado e conciliador

como sempre, a lei de 1876 pola que se suprimían os fueros vascos non contemplaba a igualación do territorio vasco con todo

o territorio como pedían algúns deputados, senón que abolió os seus privilexios no relativo ao servizo militar e os impostos,

pero en 1978 estableceuse o réxime de Concertos económicos - que supoñía a autonomía fiscal para o País Vasco e que

perdura na actualidade-. Cánovas pensou utilizar, tamén neste caso, unha vía intermedia, pero equivocouse porque ao longo

prazo radicalizou as posturas dos vascos, nacendo da base do carlismo un nacionalismo de carácter radical, que a diferenza

do catalán, non se vai a conformar coa autonomía, nin vai intervir directamente na vida política do estado español. Iso é que

representa Sabino Arana e o PNV. Todos os historiadores coinciden en que un dos grandes fallos de Cánovas foi que non

entendeu nin o nacionalismo, nin o movemento obreiro.