Fachada do Obradoiro

Catalogación

Título: Fachada do Obradoiro

Autor: Fernando de Casas Novoa (documentado entre 1711 e 1749 e Juan Peña de Toro; Domingo de Andrade (Torre das Campás)

Cronoloxía: 1738-1750

Estilo: barroco

Tipoloxía: relixiosa.

Materiais: granito de cantaría.

Localización: catedral de Santiago de Compostela (Galicia)

Enlace: polos vieros da arte

Trátase dunha fachada tipo telón ou pantalla construída con granito de cor gris con talla en sillares e vidro nas fiestras.

Esta obra tivo como obxectivos: protexer ao pórtico da Gloria das inclemencias do tempo, integrar a escaleira barroca xa iniciada ( lembra á escaleira dourada de Gil de Siloé na Catedral de Burgos ) e integrar o edificio na estrutura urbanística da cidade.

A realización de vans con ventás permitiría a iluminación do propio Pórtico.

ANÁLISE

A estrutura é de tipo H cun corpo central flanqueado por dúas torres . Mentres que nas torres predomina o muro no corpo central concédese máis importancia aos vans.

O corpo central divídese por un acusado entabomento en dous niveis e remátase coa espadana de estrutura piramidal ou triangular que crea efecto de verticalidade. Por outra banda este corpo central divídese en tres rúas mediante columnas xigantes de orde corintio e fuste estriado que sobresaen do muro contribuíndo a crear clarooscuro e tamén dinamismo.

No nivel inferior existen tres portas. A porta central , a de maiores dimensións , é adintelada dividida por un parteluz ou mainel e enmarcada por un arco de medio punto . Entre o dintel e o arco un espazo ou tímpano acristalado e na clave do arco e as enjutas decoración de tipo heráldica. As portas laterais son pequenas e adinteladas e sobre elas ventás de arcos de medio punto acristalados. Desta forma ilumínase o Pórtico.

No nivel superior na rúa central dúas fiestras unha de arco de medio punto e a superior de arco escarzano. Nas rúas laterais senllas fiestras de arcos de medio punto.

No remate ou espadana. Na parte superior a hornacina está horadada de bóveda de medio canón que acolle ao apóstolo Santiago representado como peregrino. Encima un frontón curvo partido. Está rodeado esta hornacina de anxos co símbolo da Orde de Santiago. . Debaixo dúas hornacinas con discípulos do apóstolo e no centro unha urna , recordo do sepulcro, rodeada de anxos , e unha estrela como símbolo das luminarias que sinalaron o lugar no que estaba enterrado o apóstolo . Campus stellae ( campo de estrelas ).

As dúas torres presentan idéntica estrutura alixéiranse en altura . Nun primeiro nivel o muro é percorrido por pilastras que evitan a súa monotonía e crean dinamismo . Ademais sobre elas cornisas que acaban en balaustradas. No segundo nivel o corpo de campás con decoración escultórica como Salomé ou os pais de Santiago ( fillo do Zebedeo). Coroa a torre chapiteles moi dinámicos que ademais contribúen ao efecto de verticalidade.

A fachada é un exemplo do estilo barroco recargado e movido que se estende durante o século XVIII, aínda que os arquitectos inténtano harmonizar co pórtico mantendo a iluminación.

- Adquire importancia a idea de monumentalidade e grandiosidade como modo de atracción dos peregrinos.

- Creación de efectos de clarooscuro e dinamismo mediante a estrutura como as columnas e pilastras que sobresaen do muro, hornacinas, liñas curvas como arcos , frontóns, é dicir. colocando estes elementos en distintos planos de profundidade.

- Importancia dos elementos decorativos tanto arquitectónicos como escultóricos como motivos heráldicos , grandes volutas , ménsulas , balaustradas, pequenas cúpulas ; vexetais e escultóricos como as esculturas de Santiago, Salomé.......