Por que España non se industrializou plenamente no século XIX?

FACTORES DIFERENCIAS ENTRE A ECONOMÍA ESPAÑOLA E A DOS DEMAIS PAÍSES EUROPEOS DO ÁREA OCCIDENTAL

  • FACTOR XEOGRÁFICO. A estrutura orográfica crea dificultades ás comunicacións e transportes interiores, con dificultades técnicas e un costo moito maior para salvalos.

  • ESCASEZA DE DISPONIBILIDADES DE FONTES DE ENERXÍA E DE MATERIAS PRIMAS. Noutros países, a primeira revolución industrial levouse a cabo sobre a base do carbón mineral e o coque; en España, os yacimientos asturianos só proporcionaban recursos limitados en cantidade e en calidade. Esta escaseza de fontes de enerxía cubrirase co carbón inglés.

  • ESCASEZA DE CAPITAIS. A revolución industrial nos demais países europeos foi facilitada pola fluidez e abundancia de capitais. En España non se deu este caso, e, aínda que se produciron beneficios no sector comercial ultramarino nos últimos anos do século XVIII, non bastaron para impulsar o desenvolvemento industrial. A ruptura posterior do comercio hispanoamericano cortou esta vía de capitalización. En todo caso, a escaseza de capitais suplirase con investimentos estranxeiros, o que, unido á importación de tecnoloxía foránea, conducirá ao endebedamento.

  • A POBOACIÓN A poboación española creceu moderadamente durante o século XIX (pasou de 11,5 millóns en 1800 a 18,6 millóns en 1900), iniciándose, que non consolidándose o proceso de transición demográfica. Así, a principios do século XX España seguía tendo unhas moi altas taxas de mortalidad (28 por mil) e natalidad (34 por mil), destacando o mantemento dunhas elevadísimas taxas de mortalidad infantil (200 por mil).

Neste estado de cousas, a esperanza de vida era moi baixa (35 anos en 1900) e a estrutura por idades correspondía a un país moi novo, comparables ambos indicadores cos países máis pobres da actualidade.

A explicación destas cifras atopámolas no atraso económico español con respecto a outros países europeos que posibilita unhas condicións hixiénicas pésimas, unha baixa productividade agrícola e uns transportes pouco eficaces.Este atraso español ten como consecuencia o predominio da poboación rural sobre a urbana, a existencia de niveis de renda moi baixos e, como única saída ao círculo vicioso da pobreza, a emigración, ben cara a cidades peninsulares (Bilbao, Barcelona, Valencia e Madrid) ben cara a outros países ou continentes (Norte de África e América, fundamentalmente).

En canto á distribución da poboación, prosegue a tendencia iniciada desde fins da Idade Media e consolidada durante o século XVIII: crecemento da periferia e despoboamento do interior.

Interpretación historiográfica