Halide Edip Adivar

Halide Edip Adivar (Estambul, 1883 - 1964) foi unha escritora, defensora dos dereitos da muller e líder nacionalista turca.

Halide Edib foi a primeira muller musulmá en graduarse no American College de Estambul, sendo posteriormente a primeira profesora nunha universidade turca.

Pola súa comprometida actividade nacionalista, condenoulla ao exilio en 1926, trasladándose por diversas capitais de europeas onde seguiu facendo difusión da súa causa. O exilio prolongouse ata 1939. Máis tarde, en 1951, foi elixida deputada da Gran Asemblea Nacional de Turquía.

As súas novelas e escritos xornalísticos céntranse na cultura turca, o nacionalismo e a situación da muller musulmá.

Máis información na web da Asociación Estadounidense de Mulleres Universitarias (AAUW)