Santa Comba de Bande

Título: Santa Comba de Bande

Autor: descoñecido

Cronoloxía: século VII con engadidos astures posteriores (s. IX)

Estilo: prerrománico visigodo

Tipoloxía: igrexa que formaba parte dun conxunto monacal

Materiais: pedra de granito e ladrillo para o abovedamento.

Localización: Santa Comba de Bande, Ourense.

Planta cruciforme inscrita nun rectángulo do que sobresae a ábsida cuadrángular. Ten un atrio ou pórtico aos pés que se comunica con sendas habitacións laterais.

Sistema de cubrimento: nas dúas naves cruzadas dispoñense catro bóvedas de canón en forma de ferradura, construídas con ladrillo. Os arcos empregados son de ferradura.

Zona cadrada central, cuberta con bóveda de aresta, asentada sobre un gran ciborio.

Cruce de naves: catro bóvedas de canón e a central de aresta, asentada sobre un ciborio

Bóveda de aresta. O ladrillo da bóveda contrasta cos sillares do muro

Chapiteis de tipo romano, corintio e visigodo.

A decoración da igrexa consiste nunha imposta que percorre o comenzo da bóveda da ábsida e bordea a venta que nela existe e que está formada por un tallo con racimos e follas, fileira con sogueados nas naves.

Comentario