A mitoloxía clásica

Definición de mito

“O mito é un relato tradicional que se refire a actuación memorable e exemplar duns personaxes extraordinarios nun tempo prestixioso e afastado.”

1.Relato. É unha historia con argumento, non un rito ou símbolo.

2.Tradicional. Transmitido oralmente, de xeración en xeración, ata que é posto por escrito en versións literarias. Non cabe que sexa inventado por un autor concreto (como o Quixote).

3. Carácter dramático e exemplarizante. As accións contadas, de carácter extraordinario, teñen relevancia na sociedade. Ben polo seu carácter etiolóxico, ou polo seu carácter moralizante. En cambio, outros relatos, como os contos marabillosos ou as novelas, teñen máis unha intención de entreter.

4. Personaxes extraordinarios. Fronte ao conto, no que os personaxes son de clase baixa, os protagonistas do mito son seres extraordinarios: deuses, heroes, que teñen calidades no seu grado máximo, como a inmortalidade (deuses), a fortaleza (heroes), a beleza (Helena, Afrodita) ou a astucia (Odiseo).

5.Tempo prestixioso e afastado. Os mitos sitúanse nun pasado afastado, a diferenza da historia, que conta un pasado máis recente. É o tempo dos comezos do mundo, cando convivían deuses, heroes e homes.

Ø Hai tres niveles temáticos no mito:

· Mito propiamente dito (historias de deuses)

· A saga ou lenda (protagonistas: heroes). Ciclos, protagonizados por heroes, en relación coas orixes dunha cidade.

· Conto popular ou relato folclórico (protagonistas: homes)

Estes tres niveles case nunca se dan en estado puro. Aparecen mesturados.

  • Algúns trazos da mitoloxía clásica

Politeísmo :Crese na existencia de multitude de deuses

Antropomorfismo, os deuses imaxínase similares aos homes, tanto en aspecto físico (non abundan os deuses monstruosos) como na súa paixóns e mezquindades morais. Hera é celosa, Apolo vingativo e cruel, Afrodita luxuriosa e soberbia, Hermes trapazuelo e ladrón, Hefesto e Ares son perfectos brutos.