Localización e evolución artística

Tendo como xénese a Illa de Francia (París e os seus arredores), a arte gótica estendeuse pola Europa occidental, tanto continental como insular, sendo asimilada e adaptada en graos variables por cada país.

Aínda que en liñas xerais a arte gótica queda fixada entre mediados do século XII e as primeiras décadas do século XVI, é preciso sinalar que en Italia, a principios do século XV e durante os primeiros anos do século XVI, o Gótico foi substituído polo Renacemento, mentres que en Inglaterra, Es­paña e Portugal, a tradición gótica continuou ao longo do século XV e du­rante os primeiros anos do século XVI.

Xeralmente, os historiadores divi­den a evolución cronolóxica da arquitectura gótica en tres grandes ciclos:

a) Período inicial (segunda metade do século XII e século XIII), no que, partindo de modelos románicos, rexístranse os avances cara a unha con­figuración das novas formas góticas.

b) Período clásico ou de plenitude (séculos XIII e XIV), considerado a etapa clásica e de expansión de ditas formas.

c) Período final ou flamíxero (século XV e comezos do XVI), no que se perde a harmonía formal da etapa anterior, substituíndoa por unha exu­berancia ornamental.

Gótico inicial

2ª metade s. XII

Notre Dame (París)

Gótico clásico

século XIII

Gótico radiante

Finais do s. XIII e s. XIV

Capela de Sainte Chapelle (París)

Catedral de Reims

Gótico flamíxero

Século XV