O urbanismo

O papel hexemónico adquirido pola cidade no século XIX, acentúase e se universaliza durante o século xx. O éxodo rural, os avances tecnolóxicos, a terciarización e a internacionalización da economía son factores determinantes neste proceso. A cidade necesita integrar no seu espazo zonas industriais e grandes vías de comunicación con cascos históricos, barrios, polígonos residenciais e franxas periurbanas de heteroxénea fisonomía e función, e, ao mesmo tempo, crear un ambiente acolledor ou, polo menos, sencillamente habitable. O urbanismo constitúe, xa que logo, un dos problemas máis acuciantes e complexos da época contemporánea. A dificultade desta tarefa determina que, nun bo número de casos, o arquitecto-urbanista non realice a súa obra en solitario senón que constitúa gabinetes, «estudos» ou «equipos» interdisciplinares formados por xeógrafos, arquitectos, sociólogos e xuristas.

No campo do urbanismo e da arquitectura, a achega máis significativa débese ao Movemento moderno, coñecido tamén como «estilo internacional» ou «funcionalismo». Os seus antecedentes atópanse no modernismo xeométrico e racionalista, e nalgunhas formulacións urbanísticos finisecuares. Consolídase na década dos anos vinte, a partir de dúas experiencias innovadoras, a obra didáctica de W Gropius e Mies van der Rhode na Bauhaus (1919-33), aberta ás contribuciónss das vangardas históricas, como o expresionismo, o neoplasticismo e os construtivistas rusos, e a obra personal de Le Corbusier. Nos anos trinta, os primeiros proxectos do movemento moderno alcanzan difusión internacional a través de concursos, exposicións, publicacións e, desde 1928, dos Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna (CIAM), lugares de encontro periódicos onde se suscitan problemas como o desconxestionamento das grandes cidades, a hixiene urbana e a racionalidade e funcionalidade das vivendas. Mantén o seu vigor ata a década dos sesenta, iniciándose na seguinte, e sobre todo na dos oitenta, unha corrente crítica que dará lugar ao movemento postmoderno.

De ideoloxía maioritariamente progresista, o movemento moderno interesouse en mellorar a construción e as medidas hixiénicas da vivenda colectiva. A súa aplicación máis temprana no campo do urbanismo ten lugar nos Países Baixos, onde J. Oud (1890-1963) levanta algúns barrios con ecos neoplasticistas, como o de Kicíhock (1925-29) en Rotterdam, e en Alemania, onde se estuda a estandarización da tipoloxía dos edificios e constrúense as «siedlungen» ou «colonias», como as de Francfort e Berlín, a base de longas construcións en fileiras, cun máximo de catro pisos, cubertas planas, fachadas lisas con bandas de ocos horizontais e un equipamento mínimo. Detrás de todas estas experiencias modernas atópase o espírito e a obra da Bauhaus, para quen a cidade debe ser algo tan racional como a casa ou os mobles; por iso é polo que o seu proxecto parta da análise das funcións urbanas, da súa localización e da súa articulación.

A outra gran achega ao movemento moderno a protagoniza a figura entusiasta de LLE CORBUSIER (1887-1965), artista polifacético que engade ao funcionalismo e ao racionalismo da Bauhaus un alento poético e plástico. Como urbanista realiza numerosos proxectos, a maioría só esbozados teóricamente. En 1

922 presenta o proxecto a Ville Contemporaine. Unha ciudade «para tres millóns de habitantes», de entramado aberto, con edificios altos e illlados pola natureza e clara zonificación funcional.

Por estes anos, en Estados Unidos, FRANK LLOYD WRIGHT deseña Broadacre City (1934-1935). Á concentración masificada opón unha cidade dispersa, cunha integración real coa natureza, constituída por parcelas dun acre (4.000 m') con vivendas unifamiliares. Os edificios públicos son construcións en altura situados en determinados puntos. Ao conxugar a cidade xardín co espírito individualista da cultura colonial norteamericana, Wright establece o modelo de urbanización periférica, que se xeneralizará na América anglosaxona.