A Catedral de Reims

FICHA TÉCNICA

Título: Catedral de Reims

Autor: Jean d´ Orbais,Jean le Loup, Gaucher de Reims e Bernard de Soisons

Cronoloxía: 1211-1311

Estilo: gótico clásico francés.

Tipoloxía: catedral

Materias: pedra, argamasa, metal fundido e vidro.

Localización: Reims ( Noreste de Francia a 129 Km al este de París).

A Catedral de Reims pertence ao conxunto das catedrais

clásicas de Francia, xunto coas Catedrais de Amiens e de Chartres.

Está dedicada á Virxe María.

Trátase dunha obra de grande envergadura, elevada sobre outra anterior destruída por un incendio, na que se celebraba desde o século XI a consagración dos reis de Francia.

O labirinto que ornaba a nave central -hoxe sustituído por outro do s.XVIII- permite coñecer o nome dos catro mestres de obra que levaron adiante a edificación (Jean d'Orbais, Jean le Loup, Gaucher de Reims y Bernard de Soissons) e a parte que fixo cada un comezando como sempre pola cabeceira. Os laberíntos representraban para os peregrinos o final do camiño, avanzado de xeonllos debían chegar ó centro como símbolo de rematar a peregrinación.

CONTEXTO

A arte gótica é unha arte urbana que se desenvolve nunha sociedade na que a burguesía enriquecida (economía precapitalista) se converte tamén en mecenas de obras civís –pazos, lonxas, concellos- e as universidades difunden ideoloxías á marxe da Igrexa no marco dun movemento laico e cosmopolita.

Prefigúranse os modernos estados ó fracturar o sistema feudal e desenvólvense os burgos. As catedrais serán o orgullo das novas cidades.

O novo sentimento relixioso é máis humano e emotivo, cunha sensibilidade máis realista como se amosa na plástica naturalista da súa escultura.

A súa base conceptual está no neoplatonismo do abade Suger de Saint-Denis para quen a igrexa ou a catedral, coma cidade de Deus, representa na terra a Xerusalén Celeste, polo que ha de ser un edificio cheo de luz pois é o símbolo da divindade. En contraposición á reforma cisterciense, a beleza material permite elevarnos ó coñecemento de Deus, pois a riqueza e a luz das cousas materiais son un claro reflexo da luz divina.

Dous son os trazos básicos que diferencian a obra románica da obra gótica: luz e verticalidade. A tectónica románica cos seus grosos muros como soporte das pesadas bóvedas facía imposible abrir grandes ventanais, por iso a arquitectura deste novo período vai servirse de elementos, non exactamente novos, como a bóveda de cruceria, o arco oxival e os arcobotantes que conxugados permitirán a apertura de vanos con magníficas vidreiras que enchen de luz o espazo sagrado case ingrávido, creando unha atmosfera irreal de fondo impacto espiritual.

Os edificios góticos adquiren unha grande altura,unha tendencia ascendente que simbolicamente semella dirixirse desde a terra ao Ceo. Tal monumentalidade responde á representación da magnitude divina, fronte á pequenez humana.

Análise formal

Exterior

A catedral de Reims sigue o esquema construtivo plenamente gótico e consolida o edificio total que integraba arquitectura, escultura e vidreira. Os novos sistemas construtivos liberan o muro da súa función de soporte e estos están seccionados polos arcobotantes que actuán como contrarresto exterior da elevada bóveda de cruzaría interna e que permiten a inclusión de grandes ventanais.

A unha esplendida decoración escultórica exterior a catedral de Reims engadiulle a innovadora tracería calada, característica do gótico tardío; este "enreixado de pedra" sobre os ventanais permitía acrencetar a superficie vidriada de cores e ornamentación.

O máis destacable do exterior é a súa imponente fachada Occidental que se dividide en tres grandes rexistros o tres grandes corpos en horizontal: tres portadas abucinadas,inscritas en gabletes, reúnen un gran número de esculturas (tema da Anunciación e a Visitación) ; o corpo central está presidido por un gran rosetón, e enriba a "galería dos reis" , mostra o bautismo de Clodoveo e estatuas dos seus sucesores; dúas torres xemelgas enmarcan o corpo central.

Nas outras dúas fachadas, a norte está decorada con temas o Xuízo Final e unha figura de Jesús e a sur ten un rosetón cos profetas e apóstolos.

Hai un dominio das liñas verticais sobre as horizontais (contrafortes, pináculos, torres, chapitieis demais agullas de pedra enfatizan as lineas verticais .Así hai que destacar a gran elevación da nave central sobre as laterais. Tamén hai un dominio do van sobre a masa favorecido polas amplas ventás e vans e a disposición externa de complexos sistemas sustentantes que semellan autenticos bosques de elementos arquitectónicos.

Planta e interior

A planta ten tres naves lonxituniais ata chegar ao cruceiro e cinco a partir del, a central máis ancha. No interior estas naves cubrense con bóveda sinxela de cruzaría, soportada por piares fasciculados no cadrado do cruceiro e con grosas columnas con baquetóns adosados no resto.

Un transepto tamén con tres naves e tamén a central máis ancha. Esta catedral reduce a lonxitude do transepto case ata coincidir coas naves laterais.

Un cruceiro cuberto con bóveda de cruzaría sostida por catro enormes piares e unha torre ciborio no exterior.

Unha absida poligonal rodeada por cinco tramos de bóveda trapezoidal que cubren a xirola. Á xirola abrense cinco capelas radiais moi desenvolvidas sendo a central a máis grande.

Como trazo máis salientable da Catedral de Reims, podemos falar da hipertrofia da cabeceira, unha das particularidades dalgunhas igrexas francesas do século XIII, aínda que nesta catedral chega a ocupar a metade xusta de todo o edificio.

O interior destaca pola esbeltez da súa estrutura e presenta

tres niveis: arcos formeros, triforio e fiestras ou claristorio.

A galería de arcos contén (cada unha), unha estatua de reis

no seu interior.

As vidrieras restauradas posúen tons avermellados ou azulados. Como resultado, a luz interior da catedral non é a clásica dos grandes templos góticos.

Na xirola hai unha vidriera con fermosos tons azuis, que o pintor Marc Chagall fixo en 1994.

É unha valiosa achega moderna á arte dos vitrais.

Presentación

Funcionalidade e simbolismo

Funcionalidade lixiosa, a catedral simboliza a "Xerusalén Celeste", a representación do Reino de Deus na terra, un escenario sobrenatural e máxico no que se representan os milagres da fe cristiá, especialmente a eucaristía. Ademais, a catedral adoita ser un receptáculo de reliquias, un cofre luxoso e xigantesco que custodia as principais reliquias da Cristiandade.

Funcionalidade política e de prestixio

A inmensa mole da catedral simboliza o poder económico da cidade e os seus gremios ante o campo circundante. Os gremios e outras institucións urbanas fanse representar en capelas e vidrieras deixando evidencia da súa contribución na construción da catedral. A Arte Gótica é tamén o principal medio de propaganda da Monarquía Francesa en plena expansión durante o século XIII. Os reis de Francia propagan unha "arte superior", refinado e excelso que mostra o seu preponderancia cultural sobre outros señores feudais de Francia e lexitima o seu poder e preponderancia sobre eles. A coronación do Rei de Francia faise na Catedral de Reims, un escenario inigualable pola súa beleza.