6. O Sexenio Democrático (1868-1874)

Si o reinado de Isabel II significa a consolidación do Novo Réxime e a creación dun estado liberal, baixo un liberalismo doutrinario, censatario ou conservador en base aos intereses da oligarquía, o Sexenio revolucionario significa o intento de implantar un liberalismo democrático, de estender a participación política ás clases medias e populares, e o protagonismo dos partidos progresista, democrático e republicano.

Este intento de instalar en España o liberalismo democrático e a participación das clases medias e populares vai fracasar logo de seis anos de inestabilidade, volvendo o dominio da oligarquía que é o que significa a Restauración.

En 1868 asistimos a unha crise económica, social con insurreccións campesiñas e obreiras e o desexo da burguesía baixa e obreiros de en participar na política . Nese contexto a oposición de progresistas, demócratas e republicanos acordan no Pacto de Ostende convocar unha nova Asemblea Constituyente e emprender accións contra a monarquía de Isabel II

Prodúcese entón "A Gloriosa" un pronunciamiento militar capitaneado por Topete en Cádiz, Prim e Serrano, seguido de manifestacións populares; a raíña que está en San Sebastián foxe a Francia.

  1. As causas da revolución

  2. A revolución de setembro de 1868

  3. As forzas políticas: o auxe do republicanismo

  4. O reinado de Amadeo de Savoia (1871-1873)

  5. A Primeira República española (1873-1874)

Resumo xeral do tema

Documentos historiográficos