Prehistoria e Historia Antiga

    • Aula Regia : órgano asesor da monarquía visigoda (507-711) formada por altos funcionarios, aristócratas e cregos.

    • Bárbaros: pobos xermánicos, coñecidos polos romanos como "barbaros" (estranxeiros), situados ao norte e leste de Europa que inician a súa infiltración no Imperio romano a partires do século III d.C. e que no século V provocan a caída definitiva de Roma.

    • Castro: asentamento fortificado sobre un outeiro, de complicado acceso e que da nome a cultura castrexa que se desenvolve entre os séculos VI e I a. C. e que abranguía a meirande parte de Galicia, o norte de Portugal e o confín occidental de Asturias. O castro carecía de rúas e estaba formado por vivendas de planta maioritariamene circular. Algunos mantiveronse habitados durante todo o Imperio romano.

    • Conventus: circunscripcións de carácter xurídico que formaban parte dunha provincia, e cuia sede estaba nas cidades máis significativas. Foron creadas polos romanos para administrar Hispania.

  • Economía predadora: é a propia dos poboadores do período Paleolítico (1.000.000 de anos), que baseaban a súa supervivencia na caza, na pesca e na recolección de froitos; é dicir non producían alimentos e practicaban o nomadismo seguindo os rabaños de animais ou buscando unhas condicións climáticas favorables.

  • Guerras cántabras: enfrontamentos entre os romanos e os cantábros e astures en tempos do emperador Augusto (29-19 a.C) , os cales foron sometidos co que se deu por finalizada a conquista da Península.

    • Megalitismo: O término megalitismo procede das palabras gregas "mega", grande e "lithos", pedra. Denomínase así ao fenómeno cultural localizado no Mediterráneo occidental e a Europa atlántica, que tivo lugar desde finais do Neolítico ata a Idade do Bronce (III e o II milenio) e que se caracteriza pola realización de construcións arquitectónicas con función funeraria mediante grandes bloques de pedra chamados megalitos. Eran utilizados para enterramentos colectivos.