A arte etrusca

Os etruscos ocuparon, dominaron e compartiron outeros e os vales de Roma ata o ano 509 a.C.

As súas orixes son incertas, pero parece ser que procedían de Asia Menor.

Durante o século VIII a.C., os etruscos xa comerciaban coas colonias gregas do sur da península Itálica e tamén co resto dos pobos que vivían no centro. Por iso, a cultura etrusca se configura como unha mestura da arte grega e da arte oriental, cuxo desenvolvemto deterninou boa parte da arte romana posterior.

Artisticamente, todas as manifestacións da arte etrusca estiveron dominadas polas creenzas relixiosas e os ritos funerarios.

Arquitectura

O uso do arco e da bóveda, cuxa orixe está na arquitectura mesopotámica chegaron a través da arte etrusca e convertéronse na base técnica da arquitectura romana.

Soamente temos constancia de dous tipos de construcións: as tumbas e mais os templos.

As tumbas son construcións de pedra que formaron parte dos ritos funerarios, que determinaron a creación de grandes necrópoles. Xeralmente escavadas na rocha, están cubertas por un montículo de forma cónica realizado mediante a aproximación de ringleiras de pedras, e que demostra o alto nivel técnico do pobo etrusco no uso do arco e da bóveda.

A penas hai restos de templos posto que co excepción da parte inferior construída en pedra, o resto levantábase con materiais perecedoiros, como madeira ou ladrillo. Pero según as descricións feitas polo arquitecto romano Vitrubio, sabemos que tiñan planta cuadrangular, descansaban sobre un alto podio e tiñan un pórtico de columnas, tras as cales adoitaba haber tres portas que conducían a tres cellas paralelas dedicadas ás tres divinidades etruscas (Xúpiter, Xuno e Minerva). Tamén existían santuarios dunha soa cella.

Tamén según Vitrubio, empregaban a orde arquitectónica arquitrabada toscana, que foi posteriormente adoptada pola arte romana. Caracterízase por ter:

a) Unha columna lisa con basa e chapitel xeométrico, á maneira dórica, composto tamén por ábaco, equino e colariño.

b) Un entablamento formado por unha arquitrabe lisa, un sinxelo friso sen tríglifos nin métopas, e unha cornixa.

Escultura realista

É sobre todo funeraria, sendo os sárcofagos a súa tipoloxía máis destacada. Estas obras esculpidas en bronce e terracota, reproducen con gran veracidade aos defuntos nunha escena relaxada e cotiá. Esto revela o profundo temor á morte, ao esquecemento e a crenza de que o defunto vivirá noutra vida.

Formalmente, na escultura etrusca adiviñanse aspectos da escultura arcaica grega, como é, por exemplo, o sorriso forzado, os ollos amendoados, o uso da xeometría e un certo hieratismo.

Estas características tamén están presentes nas estatuas exentas que adoitan adornar os templos.

Outro xénero moi popular foi o retrato, cuxo elevado realismo tivo unha grande incidencia na posterior estatuaria romana.

Importantes tamén foron as representacións escultóricas de animais míticos ou fantásticos.

A pintura funeraria

Está presente na decoración mural das tumbas, realizada principalmente co obxectivo de recrear o ambiente familiar que o defunto gozara na outra vida. Represéntanse, con gran colorido, festas para despedir ao morto, con bailes e música.

Formalmente, en certos casos utilizouse a lei de frontalidade exipcia -visión simultánea de fronte e de perfil-, perfiláronse as figuras en negro e adoptáronse certos convencionalismos, como por exemplo o uso dunha tonalidade máis escura nos corpos masculinos, reservando a vermella escura par as estruturas arquitectónicas e a ocre para os fondos.

Tamén cómpre destacar o alongamento desmesurado dos pés e dos dedos das mans coa intención de simular un maior movemento das figuras das tombas.

Tumba na nécropole de Cerveteri (s.VII-IV a.C.)

Tumba dos Leopardos (450 a.C.) Tarquinia

Sarcófago dos esposos de Cerveteri (530 a.C.) Terracota

Escena de caza e pesca

Apolo de Veies (510-490 a.C.) Terracota. Roma

A Quimera de Arezzo (s. V-IV a.C.) Bronce. (Florencia)