4. A política agraria e pesqueira da Unión Europea

A PAC ( Política agraria comunitaria)

Ten como finalidade conseguir o autoconsumo dentro da UE. Esta política deu como resultado un grande aumento da produción agrícola e gandeira. Mais este aumento foi tan grande que supera a capacidade de consumo dos europeos.

Os alimentos que sobran son difíciles de colocar no mercado mundial, onde se pagan uns prezos moito máis baratos do que a Unión Europea lles ofrece aos seus agricultores e gandeiros. Para resolver este problema do exceso de produción, a Unión Europea ten novas propostas:

    • Reducir a superficie dedicada aos cultivos, especialmente as terras menos fértiles, e diminuír o número de cabezas de gando.

    • Converter unha parte das terras de cultivo en zonas forestais ou espazos de lecer.

    • Reducir de forma notable os prezos de garantía que lles paga a Unión Europea aos agricultores e gandeiros para achegalos progresivamente aos prezos mundiais.

O sector pesqueiro comunitario

Europa é un gran espazo marítimo. Países como España, Dinamarca, Francia, Países Baixos ou Italia, existe un importante sector pesqueiro que xer unha grande actividade económica nos sectores vinculados á pesca, como dos equipamentos, as industrias conserveiras, as redes de distribución, etc.

A Política Pesqueira Común, da Unión Europea encárgase de establecer as zonas exclusivas de pesca, o volume e o tamaño das capturas, e os acordos e a sinatura de tratados con Estados que se atopan fóra da UE. Tamén impulsa proxectos de modernización, investigación e formación profesional no sector pesqueiro.