O anarquismo

O termo anarquismo é de orixe grega e significa "sen autoridade nin poder". Esta ideoloxía, coíncide co marxismo, na crítica ao capitalismo e na necesidade da súa eliminación, pero difieren radicalmente en canto aos métodos para conseguilo. De feito, ao longo do século XIX ambos pensamentos fóronse afastando progresivamente, ata converterse en irreconciliables antagonistas.

Acadou a súa máxima influencia no seo de sociedades escasamente industrializadas -España, Italia e Rusia-, en tanto que en países máis avanzados tivo maior peso o marxismo. En España o anarcosindicalismo materializouse na creación de organizacións como a CNT (Confederación Nacional do Traballo) que xogaron un importante papel no primeiro terzo do século XX.

Algúns sectores do anarquismo preconizaron a acción radical e violenta. Iso concretouse en atentados terroristas que reputaron no seu día esta corrente de agresiva e salvaxe.

A teoría anarquista

O pensamento anarquista non é uniforme, con todo, os seus defensores comparten algunhas ideas afines:

  • O rexeitamento de calquera tipo de autoridade -en especial a do Estado- e o repudio a calquera forma de organización, sexa de carácter partidista, administrativa ou relixiosa. Xunto ao rexeitamento á autoridade preconiza a liberdade individual.

  • Para os anarquistas o Estado capitalista constitúe unha estrutura que posibilita a explotación da clase obreira e por iso debe ser destruído. Rexeita tanto o xogo político como a organización de partidos. O medio fundamental para eliminar ao Estado é a folga xeral, que permite arruinar á burguesía.

  • A organización social ha de estruturarse de abaixo arriba, partindo de pequenas comunidades autosuficientes e por libre decisión dos seus membros, expresada a través do sufraxio universal, nunca por imposición.

  • A abolición da propiedade, xa que esta é considerada como un roubo cando se consegue sen traballo. O dereito á herdanza (orixe do status social) ha de eliminarse e substituírse pola colectivización dos bens.

  • A importancia da educación. O home só será libre cando sexa capaz de pensar por si mesmo e o mellor medio para conseguilo é unha esmerada instrución.

Pensadores anarquistas

Pierre Joseph Proudhon (1809-1865)

A súa influencia deixouse sentir ata a década dos anos 60 do século XIX, a partir da cal alcanzaron máis relevancia as ideas de Bakunin e Kropotkin. Aínda que moi relacionado co grupo dos socialistas utópicos, de quen foi contemporáneo, considéraselle o fundador do anarquismo; os seus escritos son posteriores a 1848.

Criticou o xogo parlamentario, sostendo que o sufraxio universal é fácilmente manexable pola propaganda dos partidos burgueses.

Fronte ao Estado e a Lei preconizou a asociación de pequenos produtores autónomos reunidos politicamente nunha federación de comunas socialmente articuladas en torno ao mutualismo e o cooperativismo.

Confiou na vía pacífica e na axuda mutua como formas de conseguir a liberación do home, sendo alleo aos anarquistas que alentaron o uso da violencia.

" A propiedade é un roubo"

Mijail Bakunin (1814-1876)

Foi o primeiro teórico anarquista en presentar o seu pensamento dun xeito sistemático.

Propuxo a colectivización ("anarco-colectivismo") dos medios de produción (capital, terra, industrias, etc), pero non así dos froitos que se obteñen deles..

Segundo Bakunin, o Estado e outras institucións como a Igrexa e o Exército han de ser reemplazados por unha federación de comunas creadas de forma espontánea. Minimizou o papel dos partidos políticos revolucionarios como instrumento de transformación social e igualmente rexeitou o xogo político parlamentario.

Kropotkin (1842-1921)

Aristócrata ruso antizarista, estivo moi influído polas ideas de Bakunin a quen apoiou na Primeira Internacional fronte a Marx. Abogó por unha sociedade sen Estado, onde o traballo intelectual e manual non estivesen separados e os homes practicasen o apoio mutuo, a liberdade, a solidariedade e a xustiza.

Kropotkin alentou a acción dos obreiros pola vía sindical, non política, sendo representante do denominado "anarcosindicalismo".

Como instrumento indispensable para cambiar a sociedade propuxo a educación, aínda que tamén ponderou a violencia para conseguilo.