San Vitale (Rávena). Anos 538 e 547

Simplicidade e claridade arquitectónica, con un acusado equilibrio entre o verticial e o horizontal, cos volumes xeométricos articulados de maneira escalonada.

Único xogo decortativo no exterior: a disposición de ladrillos

e volumes.

Planta central, precedida dun nártex transversal de extremos curvos. Entre o nártex e o corpo levántanse dúas torres de plante circular que permiten o acceso á tribuna.

O espazo central cúbrese con cúpula galonada sobre tambor octogonal, sostenida sobre piares angulares entre os que se abren sectores ou tramos curvos (exedras) creando un movento continúo e un dinámico ritmo espacial de elementos curvos e rectos. En torno o espazo central desenvólvese un deambulatorio que está cuberto con unha complicada bóveda de arista en cada lado do poligono

Os elementos sustentantes son, ademais, do muro, piares e columnas que soportan a gran cúpula.

Dous pisos de arcos sobre columnas; o piso superior é a tribunas

Mosaico da absida do presbiterio. Xesús con anxos,

San Vitale e Maximiano.

Interior da cúpula

Mosaico da ábsida e do presbiterio.

Mosaico de Teodora

Mosaico de Xustiniano

No interior de San Vitale encontranse os mosaicos máis famosos da arte bizantina, pois revelan a magnificencia de Xustiniano e a súa corte.

Bizancio recolleu a tradición dos mosaicos romanos e alcanzou uns elevados niveis de perfección. Non obstante, en canto ao estilo, pouco a pouco afastouse da intencionalidade naturalista da arte romana e retomou os tradicionais modelos orientais, máis preocupados poloa significación simbólica e ideal das formas.

A través do cristianismo, a arte bizantina difundiu a súa marcada intencionalidade simbólica (hieratismo, falta de perspectiva e simetría) en boa parte da arte occidental románica.

Chapiteis tronco-piramidais