Mijail Bakunin (1814-1876)

"O Estado é a autoridade, é a forza, é a ostentación e a infatuación da forza. Non se insinúa, non trata de converter: e sempre que o intenta faio con moi mala pata; pois a súa natureza non consiste en persuadir, senón en impoñerse, en forzar. Esfórzase pouco en enmascarar a súa natureza de violador legal da vontade dos homes, de negación permanente da súa liberdade. Ata cando ordena o ben, prexudícao e bota a perder, precisamente porque o ordena, e que toda orde provoca e suscita as rebeldías lexítimas da liberdade; (....) A liberdade, a moralidade e dignidade humana do home consisten precisamente niso, en que fai o ben non porque se lle ordena senón porque o concibe, quéreo e ámao".

Bakunin. A Liberdade.

O noso programa socialista esixe e debe esixir irrenunciablemente:

1. A igualdade política, económica e social de todas as clases e todos os pobos da terra.

2. A abolición da propiedade hereditaria.

3. A apropiación da terra polas asociacións agrícolas, e do capital e de todos os medios de produción polas asociacións industriais.

4. A abolición do ordenamiento xurídico da familia patriarcal, baseado exclusivamente no dereito a herdar a propiedade, así como a equiparación dos dereitos políticos, económicos e sociais do home e da muller.

5. A crianza e educación dos nenos de ambos sexos ata a súa maioría de idade, entendéndose que a formación científica e técnica, na que se inclúen os niveis máis altos de formación, será igual e obrigatoria para todos. A escola reemplazará á igrexa e fará innecesarios os códigos penais, os policías, os castigos, a prisión e os verdugos.

M. Bakunin. Os fundamentos económicos e sociais do anarquismo.