Escultura

A escultura italiana foi evolucionando de xeito paulatino inspirándose sempre nos modelos clá­sicos. Se durante o Trecento (século XIV) as capi­tais da arte foron as cidades toscanas de Siena ou Pisa, durante o Quattrocentoo centro artísti­co trasladouse a Florencia, a capital da mesma rexión.

O primeiro exemplo de escultura renacentista é a " porta do Paraíso" do baptisterio de Florencia, obra de Ghiberti, na que esculpiu as escenas apli­cando a perspectiva xeométrica que tamén utili­zarían os pintores, xogando habilmente coa gradación dos relevos.

Desde un punto de vista formal, a escultura renacentista caracterízase :

  • Inspiración en modelos clásicos: proporcionalidade, retomando o canon de nove cabezas utilizado durante o final do período clásico grego, e o contraposto e as pernas abertas en compás.

  • Independencia da arquitectura.

  • Recuperación do desnudo.

    • Recuperación da técnica do baleirado en bronce

    • Recuperación dos monumentos ecuestres

  • Marcado naturalismo: estudo das proporcións e da anatomía do corpo humano

  • Predominio das liñas curvas

  • Esculturas para espazos públicos.

  • Desenvolvemento do volume en tres dimensións. Aplicación das leis da perspectiva renacentista.

  • Liberdade temática: mitolóxica, relixiosa do Antigo Testamento e retratos.

  • Laicismo en canto que os temas relixiosos están tratados fóra do contexto da Igrexa e desde os valores persoais dos personaxes representados, por exemplo, o David.

  • A finais de século as representacións escultóricas adquiriron maior movemento e expresividade.

  • Materias empregados: mármore, bronce, a madeira, a pedra, o xeso e a terracota vidrada e policromada.

A escultura do século XVI continuou coa liña clásica do Quattrocento, interesándose principal­mente polo naturalismo e polo home, cunha cla­ra tendencia ao monumentalismo. Ademais, ta­mén se aprecia un predominio das liñas curvas, que nos lembra a escultura grega e a utilización da forma serpentinata que reforza o seu dina­mismo.

Outra característica que definiu a escultura do Cinquecento foi a afirmación de Michelangelo acerca da execución da obra. Segundo o xenio florentino, a escultura realizábase "per forza di le­vare" (a forza de sacar), o que presupón usar un só bloque de material, pois afirmaba que a escul­tura xa estaba no bloque de mármore e, que o único que tiña que facer o escultor, era quitarlle o que sobraba.

Defendía a preeminencia dun punto de vista único: o frontal.

Os manieristas, pola contra, e en especial Giambologna, defenderon a utilización de varios bloques e o que se veu chamar multifacialidade, é dicir, múltiplos puntos de vista óptimos.

Benve­nuto Cellini defendía que a escultura era sete ve­ces mellor que a pintura porque tiña oito puntos de vista fronte ao único da pintura. A iso hai que engadir que o canon se alonga e as figuras se re­torcen sobre si mesmas, creando unha forma ser­pentinata ou helicoidal.

Lorenzo Ghiberti: Porta do Paraíso (1425-1452), Florencia. É a terceira porta do Baptisterio e consta de dúas follas de bronce con dez escenas de baixorrelevo con temas do Antigo Testamento.

Adán e Eva Caín e Abel

Giambologna: O rapto das Sabinas (1583), Logia da Signoria, Florencia. Resume a maneira artística dos escultores manieristas caracterizada pola estrutura "serpentinata" e a vontade de captar o movemento multidireccional.