1. A primeira guerra carlista (1833-1840)

Carlos Mª Isidro

O CARLISMO E A SÚA IDEOLOXÍA

- O carlismo tivo dous focos :

  • o vasco- navarro e o aragonés -catalán

  • o maestrazgo valenciano

-As bases sociais do carlismo foron o campesiñado, o

artesanado, a baixa nobreza e o baixo clero .

-Mentres que o carlismo triunfou no mundo rural,

o liberalismo fíxoo no mundo urbano.

"Deus, patria, rei e foros", era a súa lema

Análise historiográfico: As causas do apoio do campesiñado ao carlismo. Por Josep Fontana

Fases da guerra

Primeira fase 1833-35

  • Protagonismo carlista, liderado polo xeneral Zumalacarregui.

Segunda fase. 1835-1837

  • Grandes cabalgadas e a guerra de guerrillas. Espartero, Maroto e Cabrera.

Terceira fase. 1837-1840

  • Escisións internas carlistas, triunfo de Isabel II.

A PERVIVENCIA DO CARLISMO

O carlismo representa a resistencia ao novo réxime, a opción polo absolutismo, o foralismo, o pacto trono-altar e as pautas sociais e culturais do Antigo Réxime, é, en definitiva, a expresión da inadaptación aos novos tempos.

O carlismo non vai desaparecer coa primeira guerra carlista, senón que vai ver dúas máis (1856 e 1860), ademais na guerra civil vai participar no bando nacional - os famosos requetes-.

Durante a transición democrática as súas divisións internas deron lugar aos Sucesos de Montejurra. Na actualidade atópase dividido e representa unha corrente marxinal.