Éxito electoral do partido nazi (NSDAP)

As gráficas e a táboa móstrannos como creceu a afiliación ao P.Nazi e o número dos seus votantes tras a crise de 1929. Na época da estabilización da República de Weimar (tras a política de Stresemann, o fin da invasión do Ruhr polos franceses, o novo marco, o crecemento económico...) a presenza nazi no Parlamento era moi pouco significativa. Cando a crise de 1929 azoutou duramente a Alemaña (forte caída da produción industrial, un alza espectacular do paro ata rozar os seis millóns de desempregados... ), o ano 1932 foi especialmente duro. Os nazis souberon aproveitar estes descontentos, en 1932 foi o partido máis votado.

Aparte dos efectos da crise de 1929, hai outras razóns que explican este auxe do nazismo: o gran descontento existente en amplios sectores sociais pola paz imposta a Alemaña tras a I Guerra Mundial que os nazis souberon explotar, a gran violencia nazi nas campañas electorais, o apoio da gran industria, o maxistral emprego da propaganda, a enorme demogoxia nazi, a pouca aceptación da república nos sectores da dereita, o que os partidos democráticos non soubesen chegar a un acordo para frear ao nazismo, etc.O certo é que en 1932 era case imposible gobernar sen o P. Nazi, como o demostra a análise desta táboa na que se reflicte a repartición de escanos parlamentarios:

Corrección de erros: Nas elección de xullo de 1932,o Partido Comunista (KPD) obtivo 89 deputados

Eleccións de Julio de 1932