O New Deal de Roosevelt

New Deal significa textualmente "novo reparto de cartas", pero podemos entendelo así mesmo como "nova proposta" ou "novo acordo". O New Deal consistiu en tomar unha serie de medidas baseadas nas propopostas de Keynes para intentar mellorar a situación.

As principais foron:

    • Plan de obras públicas financiado polo Estado, por exemplo en Tennesse Valley.

    • Facilitar crédito público para relanzar os investimentos.

    • Control sobre os bancos e establecementos de crédito

    • Depreciación do dólar.

    • Aumento dos prezos dos produtos agrícolas, limitando a produción.

    • Política industrial de colaboración entre Estado e empresa privada co fin de reducir o descenso dos prezos e beneficios empresariais.

  • Novo marco legal de relacións laborais: liberdade sindical, salario mínimo e a creación da Seguridade Social.

Na aplicación de medidas tan drásticas houbo moitos problemas:

    • Moitos empresarios desconfiaban da intervención do Estado nos prezos de mercado.

    • Outros consideraban excesiva a protección dada polo Estado aos sectores máis débiles, crendo que iso preparaba o camiño cara o socialismo ou o comunismo,que a sús vez era visto como un perigo para a súa economía

A política de Roosevelt contribuíu á estabilización económica pero sen chegar a unha etapa de crecemento. A recuperación non chegaría ata 1939, co estalido dunha nova guerra en Europa, incentivando a industria do armamento.

OS RESULTADOS ECONÓMICOS DO NEW DEAL