Interpretación historiográfica

A industrialización

Atrasada con respecto da maioría das nacións occidentais, España sepárase igualmente daqueloutras que non iniciaron a súa insdustrialización ata moi entrada a centuria actual. O caso español é menos o dun “late joiner” que o dun intento, abortado en gran parte, de figurar entre os “first comers”. A miña argumentación puxo un énfase especial no fracaso das dúas desamortizacións (a do chan e a do subsuelo) que malograron as bases naturais agrícola e minera en que debía haberse asentado a revolución industrial no sentido clásico da expresión. Como telón de fondo, resaltouse a incidencia dos apuros da Facenda, perpetuados polos vicios do sistema político e culpables de bastardear as leis desamortizadoras, de restrinxir o mercado de capitais para a industria, de impoñer un infraestrutura (rede ferroviaria) indadecuada. En última instancia, as vicisitudes da economía española, ao longo do século XIX non poden separarse das da época colonial, cando o tesouro nutríase dos caudales e do tráfico de América, e a incipiente burguesía periférica toleraba a permanencia do sistema señorial, compensada coa reserva dos mercados de Ultramar. Unha explicación satisfactoria do fiasco, imposible por agora, deberá tender en todo caso a unha pluralidade de factores, íntimamente enlazados entre si, rehuir de todos os xeitos as teses unilaterales ou que non afinquen as súas raíces en tempos anteriores.

Jordi Nadal, O fracaso da revolución industrial en España, 1814-1913.