Vocabulario

Altorrelevo: escultura realizada sobre unha superficie da que sobresae máis da metade do seu volume.

Ábaco: lousa rectángular de pedra, mármore ou terracota. Unha das partes do chapitel colocada sobre o equino.

Arquitrabe: parte baixa do entablamento que se apoia no ábaco.

Baixorrelevo: aquel relevo que sobresae do fondo menos da metade do seu vulto.

Capitel: parte da columna, piar ou pilastra que se sobrepón ao fuste e que sostén directamente o arquitrabe ou un arco. Adoita estar decorado e adopta formas moi diversas.

Chapitel dórico: constituído por equino, moldura circular e convexa, e ábaco, peza a modo de taboiña.

Chapitel xónico:

Chapitel co: presenta follas de acanto dispostas en dúas ou máis filas, as inferiores moi curvadas cara á fora e as superiores enroscadas (caulículos).

Métopa: espazo cadrado que media entre dous triglifos no friso da orde dórica. Adoita ornamentarse con relevos ou simplemente con cor

Colariño: moldura en chanzos que rodea a parte inferior do chapitel dórico, baixo o equino. Sobre o colariño colócase o ábaco.

Columna salomónica: soporte arquitectónico de base circular e fuste helicoidal

Contraposto: Palabra italiana que serve para expresar a oposición harmónica das distintas partes do corpo da figura humana, especialmente cando algunha deles se encontra en movemento ou en tensión e a súa simétrica en repouso. Unha perna queda afincada no solo mentres a outra dobra e adiantase, o que repercute na cadeira e nos ombreiros. A mesma oposición tensión-relaxación se mostra nos brazos, ao tempo que a cabeza xira lixeiramente. Favorece a sensación de movemento e rompe a lei de frontalidade.

Cornixa: na arquitectura clásica, parte que sobresae no alto do entaboamento despois do friso. En xeral, a parte superior e saínte que remata un edificio.

Curva praxiteliana: Contrabalanceo acusado do contraposto, ata adquirir trazo curvilíneo ou en S, que acentúa a sensación de dinamismo. Caracterizaba a composición das esculturas de Praxíteles.

Entaboamento: estrutura arquitectónica das ordes clásicas (arte grecorromana), encima dos soportes e constituído por arquitrabe, friso e cornixa, sobre o que se apoia a cuberta. Por extensión elementos horizontais sostidos por columnas e piares.

Éntase: engrosamento do fuste dunha columna, na súa parte central, para corrixir as desviacións da perspectiva e conseguir que pareza recta en lugar de cóncava, que é como parecería de carecer de entáse.

Escultura de vulto redondo: a que pode ser contemplada desde calquera punto de vista ao seu redor pois non está adosada a nada e está traballada por todos os lados. Tamén denominada exenta.

Escultura exenta

Estatua-columna: estatua de canon xeralmente esvelto, adosada ao fuste dunha columna ou a un muro e aproximadamente da súa mesma altura.

Equino:moldura de superficie convexa, máis ancha e curvada na parte superior, e case recta e inclinada na parte inferior, situada debaixo do ábaco do chapitel dórico.

Friso: faixa decorativa de desenvolvemento horizontal, situada entre o arquitrabe e a cornixa no entaboamento das ordes clásicas. Tamén se aplica a calquera faixa decorativa horizontal.

Fuste: corpo cilíndrico da columna que constitúe a parte entre a basa e o capitel

Orde arquitectónica: criterio de disposición dos elementos arquitectónicos, como as columnas ou os capiteis, das proporcións e dos elementos decorativos propios de cada estilo de construción.

Técnica de panos mollados: técnica escultórica de modelado plástico, conseguido por medio dos panos da roupa, tratados como se estiveran mollados de xeito que se pegan ao corpo e acusan as súas formas.

Triglifo: elemento arquitectónico con forma de rectángulo saínte e surcado por tres acanaladuras verticais -glifos-, que serve de decoración. Caracteriza o friso da orde dórica e alternase regularmente coas metopas.