Que é o liberalismo político?

É unha filosofía política que afunde as súas raíces no racionalismo do século XVIII e dá os seus principais froitos no século XIX. Nace inicialmente como reacción contra o Antigo Réxime en canto a organización política, económica e social, cuxo derrocamento pretenden e a súa substitución por unha sociedade nova, baseada nos principios do Liberalismo. Ideas que buscan o establecemento do seu estado baseado na defensa das liberdades individuais a promulgación dunha constitución, que defenda a soberanía nacional, a través do sufraxio e a separación de poderes.

O MODELO DE ESTADO LIBERAL

  • Xurde como reacción contra o absolutismo.

  • Os seus antecedentes están na Revolución Americana (1776) e a Revolución Francesa (1789)

  • É a expresión política do triunfo da burguesía (revolucións burguesas)

  • Tradúcese en reximes políticos que se caracterizan porque:

      • Existe unha Constitución escrita:

        • Baséase na soberanía nacional.

        • División de poderes (executivo, lexislativo e xudicial)

      • Parlamento (case sempre bicarneral) é a representación da soberanía nacional.

      • A soberanía exércese por medio do sufraxio (censitario ou universal)

      • Recoñécese a igualdade xurídica de todas as persoas:

        • Declaración de dereitos (igualdade, liberdade, propiedade, seguridade)

        • Garantízanse as liberdades: o que non estea prohibido está permitido.

      • A partir do dereito de asociación e da necesidade de articular a representación política, organizáronse os partidos políticos.

Características do liberalismo

Na sociedade

No poder político

    • Igualdade legal

    • Abolición de privilexios

    • Liberdades individuais

    • Fin do absolutismo

    • Soberanía nacional e separación de poderes

    • Institucións, administración e xustiza pública