Unha relixión (ou sistema de crenzas)

Para os gregos, o seu mitoloxía é tamén unha relixión. Os deuses da mitoloxía son obxecto de culto (ritos, sacrificios, festivais, construción de templos, votos). Unha relixión que ten algunhas características que nos poden chocar:

Politeísta. Crese na existencia de multitude de deuses, maiores e menores. Chegouse a establecer un canon de 12 deuses máis importantes, os Olímpicos; pero están acompañados doutros deuses, e de divinidades menores. Ben é certo que a relixión grega, politeísta, foi tendendo a un henoteísmo (o que significa que se valora a Zeus como o deus máis importante).

Relixión estatal. O culto aos deuses da mitoloxía é unha relixión oficial do estado, tanto en Grecia como en Roma. Os deuses patrocinan ao pobo grego. Un pobo como o grego que non tiña unidade política (cidades estado) atopa na relixión un motivo de unidade. Todos os gregos creen nos mesmos deuses, aínda que algúns deuses concretos tes preferencias locais con cidades (Atenea é patrona de Atenas, Hera de Argos, Poseidón de Corinto, Ártemis de Éfeso, etc.).

Templo de Poseidón no cabo Sunión

Poseidón (bronce)

Diosa Artemisa de Éfeso

(Diana para los romanos)

Diosa Hera