Liberalismo económico e capitalismo

A Revolución Industrial, consolida o capitalismo industrial (sistema económico) e o liberalismo (doutrina económica)

O novo sistema:

        • Instaura a división entre capital e traballo.

        • Defende a apropiación individual dos beneficios.

        • Consolida a necesidade de reinvestir os beneficios.

        • Organiza a sociedade en función do poder económico en dous grupos: burguesía e proletariado.

DOUTRINA ECONÓMICA: LIBERALISMO

Principais teóricos: Adam Smith e David Ricardo

É unha ideoloxía nova, rompe coa mentalidade do Antigo Réxime e consolídasa ao mesmo tempo ca Revolución Industrial. É a base ideolóxica do sistema económico capitalista.

Adam Smith realizou unha profunda análise dos procesos de creación e distribución da riqueza. Demostrou que a fonte fundamental de todos os ingresos, así como a forma en que se distribúe a riqueza, radica na diferenciación entre a renda, os salarios e os beneficios ou ganancias. A tese central deste escrito é que a mellor forma de empregar o capital na produción e distribución da riqueza é aquela en a que non intervén o goberno, é dicir, en condicións de laissez-faire e de librecambio. Segundo Smith, a produción e o intercambio de bens aumenta, e polo tanto tamén se eleva o nivel de vida da poboación, se o empresario privado, tanto industrial como comercial, pode actuar en liberdade mediante unha regulación e un control gobernamental mínimos. Para defender este concepto dun goberno non intervencionista, Smith estableceu o principio da "man invisible": ao buscar satisfacer os seus propios intereses, todos os individuos son conducidos por unha "man invisible" que permite alcanzar o mellor obxectivo social posible. Por iso, calquera interferencia na competencia entre os individuos por parte do goberno será prexudicial.

Os intereses contrapostos equilibranse no mercado a través dunha "man invisible" que, mediante os prezos, axusta a oferta e máis a demanda.

Adam Smith: A riqueza das nacións, 1776. Texto

David Ricardo, centra os seus estudos no traballo. Según él, este é unha mercadoría máis dentro do sistema capitalista e formula a "Lei natural do salario": o que se lle paga a un traballador chega a ser o mínimo necesario para poder garantir a súa subsistencia.

Robert Malthus, centrou os seus estudos na poboación, "Ensaio sobre o principio da poboación",1798. Según Malthus, se estaba producindo un desequilibrio entre o aumento da poboación e os recursos. Polo tanto aboga polo control da natalidade. A poboación medra a un ritmo superior aos recursos e por iso é necesario reducir a natalidade.

FUNCIONAMENTO DO CAPITALISMO INDUSTRIAL

Os mecanismos que regulan o funcionamento do capitalismo, ten relación coas ideas do liberalismo económico.

No sistema capitalista, é primordial, a defensa da propiedade sobre os instrumentos de produción (en moi poucas mans) que detenta a burguesía. O proletariado non ten propiedade, soamente a súa forza de traballo, que vende a cambio dun salario.

Neste sistema debe producirse un excedente (é o que os traballadores producen por riba do seu salario). Ese excedente é o esencial do beneficio capitalista.

Según o liberalismo, o capitalismo é un sistema de iniciativa libre que busca o máximo beneficio individual. O único que o regula é o mercado según a lei da oferta e da demanda. A competencia e outro incentivo fundamental.

A falta de planificación, é o aumento de produción, o que da lugar a crises cíclicas/crises de superprodución (exceso de produción en relación coa capacidade de consumo da poboación). Créase un círculo vicioso, non hai vendas, caen os prezos, baixan os beneficios, pechan as empresas. Nesta situación só as empresas con máis recursos, ou as que teñen menos custos, sobreviven e son os que persiguen a innovación.

As bases do capitalismo

Fonte: Vicens Vives