Resultado

Causas políticas: inestabilidade derivada da frustación ante os resultados obtidos na Primeira Guerra Mundial.

Causas económicas:paro, e o medo a unha revolución socialista (apropiación de terras, ocupación de fábricas...).

Formación do Partido Nacional Fascista

En 1919 constituíu en Milán o grupo de carácter paramilitar os "Fasci di Combattimento" (fascios italianos de combate), grupo paramilitar, de ideoloxía ultranacionalista, anticomunista e antiliberal, cuxos membros lucían uniformes de cor negra. De aí xurdiría en 1921 o Partido Nacional Fascista. Mussolini presentou un programa que solucionaba algúns dos problemas que tiña Italia e propugnaba un Estado forte que garantise a propiedade privada e anulase a posibilidade de revoltas. Propuxo ademais unha política expansionista que compensaba o sentimento de desquite trala Primeira Guerra Mundial, para recuperar as terras irredentas.

Apoios sociais

    • Obreiros descontentos

    • Pequena burguesía (temorosa das forzas revolucionarias obreiras)

    • Industriais (axuda financeira)

    • Propietarios de terras

    • Exército

    • O propio goberno ( o fascismo freaba o ascenso do comunismo e do socialismo)

Estratexias para acadar o poder

"Escuadras fascistas": promoven actos de violencia

"Expedicións de castigo": contra políticos, concellos e xornais de esquerda.

Obxectivos: acalar a oposición, atemorizando á poboación.

Toda esta violencia contou coa complicidade da policía.