Metopas do Partenón (Fidias)

Fachada occidental: Amazonomaquia

Fachada oriental: Gigantomaquia

Fachada norte: Destrución de Troia

Fachada sur: Centauromaquia

Metopa 27 do Partenón

Autor: Fideas

Cronoloxía: 447 a.C. 438 a.C.

Tipoloxía: alto relevo

Material: mármore policromado

Medidas: 137 x 172 cm.

Estilo: grego clásico

Tema: centauromaquia

Localización: British Museum (Londres)

Descrición formal: dende o punto de vista compositivo e narrativo, é unha das metopas máis logradas e impactantes.

Trátase dun altorrelevo que chega a sobresair ata 25 cm. Fideas revela a depurada técnica conseguindo recrear, nun espazo reducido, o dramático momento no que un centauro intenta escapar do seu rival.

El lapita, coas pernas ben fermes, retén con unha man e disponse a asentar o golpe mortal coa outra, o encabritado centauro que se presiona a ferida que o xovén guerreiro lle causara na espalda.

A lixeira túnica del lapita desprégase dende ambos brazos e por detrás, creando un fondo sobre o que destaca o modelado das anatomías e acentuando o contraste entre a harmonía do corpo do xovén e a vehemencia do corpo contorsionado do centauro.