Arquitectura renacentista en España

Na evolución da arquitectura do Renacemento ó longo do XVI hai que diferenciar tres etapas estilísticas

Plateresco a finais do XV e no primeiro terzo do XVI. Coincide co reinado dos Reis Católicos. Combina estruturas góticas con elementos decorativos renacentistas (medallóns, columnas abalaustradas, grutescos, emblemas heráldicos, candelieri). Esta profusa decoración ao modo dos prateiros é a que lle da nome. Serva de exemplo a fachada da Universidade de Salamanca.

Purismo no seguinte terzo do XVI coincidindo co reinado de Carlos V. Agora impóñense os principios do severo deseño de Bramante onde prevalece o espacial e o construtivo de acordo con principios de proporción. A decoración perde en extensión pero gaña na intensidade do relevo cun volume que case a fai corpórea. Son exemplos a fachada da Universidade de Alcalá de Henares ou o palacio de Carlos V en Granada

Herreriano no derradeiro terzo do XVI en tempos de Filipe II. Constitúe unha resposta ó espírito da Contrarreforma servíndose dunha linguaxe manierista. Imponse a monumentalidade e o rigor xeométrico cunha marcada sobriedade decorativa. Juan de Herrera da nome o estilo.