Altar de Zeus en Pérgamo

É o maior altar da Antigüidade consagrado a Zeus, o pai de tódolos deuses, é a obra máis importante da escola de Pérgamo. O seu autor é descoñecido e a súa cronoloxía está datada aproximadamente cara o 188 a.C.. Localízase no Pergamonmuseum de Berlín. O seu estilo é grego helenístico realizado en mármore.

É un espazo monumental 77 m, e 7 metros o pódium e propagandístico que rompe coa harmonía e o equilibrio clásico.

- É un espazo no que as procesións rituais ao subir as escaleiras provocarían emocións sobre os espectadores, sendo unha edificio xa que logo teatral e próximo ao barroquismo.

A esta teatralidad e barroquismo contribúe o programa iconográfico con gran importancia dos elementos decorativos. que son os relevos e posiblemente a policromía de herdanza grega . Este programa ten como tema a Gigantomaquia a loita entre Deuses e xigantes no que as diagonales , os escorzos , o movemento e o dramatismo rompen tamén co equilibrio clásico.

A filla de Zeus (Atenea) agarra do pelo e levanta sen esforzo ao xigante Alcioneo, que cos seus ollos desmesuradamente abertos, a súa fronte engurrada e o seu ventre convulsivamente contraído únicamente expresa sufrimento e medo mortal. De feito acaba de perder o contacto coa súa nai Gea, a Terra, que aparece na parte inferior dereita, e deixa de ser invulnerable. A serpe sagrada de Atenea matará a Alcioneo mordéndolle no peito. Chegando desde a dereita, Nike consumará a vitoria.

Por unha banda, estos relevos, teñen función relixiosa xa que se celebraban os rituais en honor a Zeus; pero tamén une un significado que neste caso non é o do triunfo da razón sobre a barbarie, senón función propagandística. O rei comparábase con Zeus e tenia como protectora á deusa Atenea..

O friso quere unir o triunfo dos deuses contra os xigantes co triunfo dos atalidas sobre os celtas e bárbaros.

Valoración. Estes altares que xorden no helenismo influirán en Roma, sendo un exemplo o Ara Pacis de Augusto.