A Piedade

Catalogación

Título: Piedade do Vaticano

Autor: Miguel Anxo (1475- 1564)

Cronoloxía: finais do século XV

Estilo: Renacemento (Cinquecento)

Técnica: Talla

Material: Mármore

Localización actual: Basílica de San Pedro do Vaticano, Roma.

Tema: Relixioso, un momento da Paixón de Cristo. O momento no que María sentada sobre unha rocha acolle o corpo morto do fillo morto no seu regazo. María sostén, coa expresión resignada de quen acepta unha vontade superior, o cadáver do seu fillo morto par remidir a humanidade.

Composición

As dúas figuras da Piedade conforman unha pirámide pechada.

O conxunto contrapón a denudeza do corpo estilizado de Xesús ao vestido de profundos pregamentos de María, a pesadume da Virxe fortemente apegada á Terra á levidade do redentor, que só toca o chan co pé dereito.