David

Catalogación

Nome: David

Autor: Donatello (Florencia, 1386-1466)

Cronoloxía: mediados século XV

Estilo: renacentista (Quatrocentto)

Tipoloxía: escultura exenta

Materiais: bronce.

Tema: bíblico.

Localización: Museo Nazionale del Bargello (Florencia).

Comentario

Fundido en bronce para o patio do palacio dos Médicis. Considérase a primeira figura espida desde a antigüidade clásica. É unha exaltación da beleza ambigua do adolescente, non é un ser que se vanagloria da súa heroicidade senón un fermoso jóven con chapeu de palla florentino e botas, que ten aos seus pés a cabeza de Goliat ao que parece vencer máis pola súa apostura que pola súa forza ou a súa intelixencia. O corpo se balancea lixeiramente, a perna dobrada no paso non lle sostén e debe facer forza sobre a outra cun deslizamento da cadeira.