O dous de maio

TÍTULO: A carga dos Mamelucos (2 de maio)

AUTOR: Francisco de Goya

FECHA: 1814

ESTILO: Etapa romántica

MATERIAL: Óleo sobre lenzo

LOCALIZACIÓN: Museo do Prado, Madrid

CONTEXTO HISTÓRICO

O 2 de Maio de 1808 o pobo madrileño se amotinou contra as tropas francesas que intentaban sacar de Madrid aos membros da familia real para levarllos a Francia, onde xa estaban retidos o Rei e o príncipe de Asturias. Na Porta do Sol a guarnición mameluca cargou contra a poboación, provocando unha auténtica masacre (os mamelucos eran mercenarios musulmáns de orixe turca ao servizo dos franceses).

Os enfrontamentos sucedéronse toda a noite e ao amencer do 3 de Maio os detidos na noite anterior foron fusilados sumariamente no outeiro de Príncipe Pio, nos arredores de Madrid. A noticia dos sucesos de Madrid estendeuse rápidamente por España e serviu de sinal para o comezo dun levantamiento xeneralizado (a Guerra da Independencia).

Goya quixo representar aquí un episodio de ira popular: o ataque do pobo madrileño, mal armado, contra a máis poderosa máquina militar do momento, o exército francés. No centro da composición, un mameluco, mercenario egipcio baixo ordes francesas, cae morto do cabalo mentres un madrileño continúa apuñalándolle e outro fere mortalmente ao cabalo, recolléndose así a destrución a diario, o ilóxico da guerra. Ao fondo, as figuras dos madrileños, cos ollos desorbitados pola rabia, a ira e a indignación acoitelan coas súas armas brancas a xinetes e cabalos mentres os franceses rexeitan o ataque e intentan fuxir.

Sobre un fondo de perspectiva sesgado, hai unha acumulación de figuras en primeiro plano, en trepidante movemento, con escorzos violentos. Máis que exaltar o heroísmo, Goya interésase por plasmar o dramatismo e o patetismo humano.

É significativo o valor expresivo dos seus rostros e dos cabalos, cuxo desexo de abandonar o lugar ponse tan de manifesto como o medo dos seus ollos. En suma, Goya recolle coas súas pinceles como puido ser o episodio que acendeu a guerra con toda a súa violencia e a súa crueldade para manifestar a súa posición contraria a eses feitos e dar unha lección contra a irracionalidade do ser humano, como correspondía ao seu espírito ilustrado. A execución é totalmente violenta, con rápidas pinceladas e grandes manchas, coma se a propia violencia da acción invadise ao pintor. O colorido é vibrante e permite liberdades como a cabeza dun cabalo pintada de verde por efecto da sombra. Pero o máis destacable do cadro é o movemento e a expresividade das figuras, que conseguen un conxunto impactante para o espectador.