San Pedro da Nave

Cronoloxía: século VII (680 e711). Tipoloxía: igrexa

Material: sillería arenisca

Estilo: visigodo

Localización: O Campillo (Zamora)

Exterior do transepto

Comentario

Planta de cruz grega inscrita nun rectángulo, que lle da un aspecto híbrido entre planta basilical e cruciforme.

A planta consta de tres naves, cruceiro con dous pórticos ós lados, coro, unha ábsida cadrada e dúas cámaras adxacentes , posiblemente celdas para os monxes ou espazos de apoio á liturxia.

As naves laterais están separadas por arcos de ferradura sustentados en piares. Mentres cas naves ten cuberta de madeira, o cruceiro e a cabeceira presentan bóvedas de medio canón de ladrillo.

A sinxeleza ornamental do paramento exterior, no que soamente ábrense algunhas pequenas aberturas, da un aspecto sólido e austero ao conxunto, resaltado polo impecable acabado dos sillares, sen argamasa e de factura regular.

No interior, en cambio, destaca o programa escultórico que se estende nos arcos de ferradura, piares e columnas.

Un estilo máis arcaizante, sobre todo na cenefa que percorre o paramento, con unha ornamentación de tipo xeométrico e motivos vexetais e animais.

E un segundo estilo, de factura máis elaborada nas columnas dos cruceiros que mostran capiteis historiados con episodios bíblicos como Daniel no foso dos leóns ou O sacrificio de Isaac.