Novo orden económico mundial:Bretton Woods

Cara ao final da guerra os aliados levaban xa tempo preocupándose pola orde económica internacional que se instauraría cando finalizase a contenda. A comunidade internacional, liderada por EE.UU. e Gran Bretaña, aprendera dos erros cometidos tras a Primeira Guerra Mundial e durante a crise económica dos anos trinta. Os dirixentes norteamericanos esta vez si asumiron o protagonismo que a súa reforzada posición política, militar e económica conferíalle e que rexeitaran na anterior posguerra. A cooperación internacional en materia económica substituíu ás políticas de «sálvese quen poida» do período interbélico.

En 1944 celebrouse, en Breton Woods, New Hampshire, Estados Unidos, a Conferencia Monetaria e Financeira Internacional. Os acordos que nela se alcanzaron resultaron decisivos para a configuración económica do mundo de postguerra, coa exclusión do bloque comunista.

Especial importancia tiveron o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial, que aínda hoxe desempeñan un papel destacado na economía internacional. Ao Fondo Monetario Internacional asignóuselle a tarefa de velar polo bo funcionamento do sistema de pagos entre países que debería constituír o marco adecuado para o relanzamento das relacións económicas (comerciais, financeiras, etc.) internacionais. O Banco Mundial dedicouse inicialmente a financiar a reconstrución dunha Europa que, a diferenza dos EE.UU., atravesaba unha situación económica de extrema dificultade como consecuencia da guerra: a penuria, ata en forma de escaseza extrema de alimentos e outras necesidades básicas (vivenda, vestido, etc.), era xeral entre a poboación do continente.

Especialmente difícil era a situación duns 40 millóns de desprazados, sen contar os millóns de alemáns fuxidos do leste de Europa para evitar caer en mans das tropas soviéticas nin os de traballadores estranxeiros chegados, de grao ou por forza, a Alemaña durante a guerra. Ao alivio deses agudos problemas contribuíu, a UNRRA (Administración de Nacións Unidas de Socorro e Reconstrución), antecedente directo do ACNUR (Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados) contemporáneo.

Autor: Rafael Dobado González

A conferencia foi conformada coa presenza de 44 nacións. Naquel entón, a maioría das nacións do chamado Terceiro Mundo aínda eran colonias europeas polo que non tiveron representación propia. A maioría dos seus representantes eran de América Latina, e os seus réximes eran, polo xeral, permeables á influencia e o control de Wáshington. India aínda non alcanzara a independencia plena e viaxou a Bretton Woods como parte da delegación británica. Os países do bloque comunista, conducido pola Unión Soviética, participaron da conferencia, pero non ratificaron os acordos. China tamén participou da conferencia, pero se retirou tras o triunfo da revolución comunista en 1949. Alemaña, Xapón e Italia estaban a piques de ser derrotados na Segunda Guerra Mundial. As nacións de Europa occidental aínda eran campo de batalla da guerra e estaban desangradas. Nesas condiciones Estados Unidos que producía a metade do carbón mundial, 2/3 do petróleo, máis da metade da electricidade e inmensas cantidades de barcos, coches, armamento, maquinaria, etc, ía ter un considerable control sobre as decisións finais da conferencia, ao momento que terminará impondo o seu deseño, derrotando a proposta inglesa deseñada por John Maynard Keynes.

Nos meses previos a Bretton Woods debatéronse dúas propostas distintas, unha apoiada por Estados Unidos e a outra polo Reino Unido. A británica foi elaborada polo economista John Maynard Keynes e a estadounidense por Harry Dexter White.