Séculos XVI- XVII

• Converso: persoa bautizada que se integra na Igrexa cristiá case sempre por renuncia á súa fe xudea, ou islámica, na que viviran ata a conversión; tamén se lles chamou cristiáns novos. Moitos xudeus convertéronse para poder integrarse plenamente na sociedade española; outros, desde 1492, para evitar a expulsión (expulsión dos xudeus); non eran ben aceptados, pois se pensaba que practicaban secretamente ritos xudeus, sendo controlados pola Inquisición que foi descubrindo judaizantes ata os inicios do s. XVIII; por outra banda, moitas veces, eran envexados por posuír grandes riquezas. Non podían, en principio, desempeñar empregos públicos nin ser ennoblecidos ata que xustificasen, como mínimo, catro xeracións de antepasados de irreprochable relixiosidade cristiá.

Os moriscos apenas se converteron e foron expulsados da Coroa na súa totalidade (1609).

Gran Armada: frota enviada por Felipe II contra Inglaterra en 1588, co obxectivo de invadir Inglaterra, para derrocar á raíña Isabel e terminar co apoio que esta prestaba aos rebeldes protestantes de Flandes, en guerra contra España desde facía vinte anos. Para iso Felipe II reunira en Lisboa unha armada xigantesca: 130 buques de guerra e de transporte, cunha tripulación de 12.000 marineros e 19.000 soldados. Ao mando atopábase un prestixioso aristócrata andaluz, o duque de Medinasidonia. A súa misión era chegar a Dunkerque, nas costas do Flandes español, embarcar 27.000 soldados dos terzos españois alí destinados e lanzarse á invasión. Os ingleses impediron o desembarco e os barcos españois iniciaron o regreso sendo esnaquizada a meirande parte da frota polos temporais e afundida fronte as costas escocesas e irlandesas. Como represalia, os ingleses enviaron tamén unha flota capitaneada por Drake en 1589 que atacou a cidade de da Coruña, Lisboa e as Azores.

Mourisco: persoa de relixión e cultura islámicas que existiu na monarquía hispánica en terras conquistadas polos cristianos ata a súa expulsión en 1609 que foron obrigados a convertirse ao cristianismo pola forza en 1500-2 en Castela, en 1518 en Aragón e en 1526 en Valencia. Seguiron mantendo a súa lingua, costumes e vestido.Poboaban as terras do Val do Ebro en Aragón e Tarragona, Murcia e Andalucía, aínda que tamén vivían en Castela e incluso no norte. Eran maioritariamente, excelentes campesiños, sometidos ao réxime señorial cuxos titulares obtiñan deles grandes beneficios.En 1609, no reinado de Felipe III, medio millón de mouriscos foron expulsados coa conseguinte creba da agricultura de Valencia e Murcia pola ausencia destes hábiles campesiños.

• Terzos: agrupación militar, fundada en Castela en 1534, antecesora dos reximentos actuais, que foi o brazo armado da política hispana na gran parte da Idade Moderna, manténdose imbatidos ata 1643 (Rocroi); se transformaron en reximentos no século XVIII.

Unión de Armas: Imposto creado na época de Felipe IV, polo valido Conde Duque de Olivares en 1625, no que repartía a carga militar e fiscal entre todos os reinos, deixando de recaer estas tarefas exclusivamente en Castela como ata entón sucedía. O proxecto establecía a creación dun exército permanente para afrontar a Guerra dos Trinta Anos. A súa política incrementou o malestar e orixinou fortes protestas sobre todo en Cataluña e Portugal que se sublevaron en 1640. A sublevación de Cataluña fracasou pero Portugal acadaría a independencia en 1668.

• Valido: Persoa que axuda ao monarca na gobernación dos seus Estados, investido de grandes atribucións, que fan del un depositario do poder, especie de substituto do rei o ministro universal. Na Monarquía Hispánica, na que son moi característicos, aparecen con Felipe III (Duque de Lerma), e continúan con Felipe IV (Conde Duque de Olivares) e Carlos II. A institución do valido deu lugar a unha gran corrupción na administración polo enorme poder que acumulaban no seu cargo. Esta figura desaparece no século XVIII, sendo Godoy, no reinado de Carlos IV, o final dos validos.

Xuntas do Reino de Galicia: institución creada en 1500 como portavoz das provincias que a partir de 1528 pasou a ser considerada como a representación do Reino; máis tarde quedou constituída polos delegados dos concellos das cidades capitais das sete provincias, nas que estaba dividido o Reino: Santiago, Lugo, Ourense, Mondoñedo e Betanzos. A mediados do século XVI sumáronse A Coruña e Tui, completando así o número que aparece representado polas sete cruces do escudo de Galicia.Era un organismo intermediario entre o Reino de Galicia e a Coroa, encargado de xestionar e poñer en marcha as decisións da Coroa, e tamén de presentar ao monarca as peticións de Galicia. Non tiñan funcións de goberno, pero tiñan capacidade para conceder diñeiros ao monarca, ordenar levas militares, distribuír cargas fiscais, aconsellar ao rei e elaborar informes sobre as necesidades de Galicia.