Vocabulario

Arcobotante:Arco exterior rampante -con arranques a distinta altura- que descarga sobre o muro ou sobre un contraforte exterior, os empuxes laterais das bóvedas. Serve tamén para conducir as augas de choiva ata as gárgolas a través da canle no seu extradorso.

Característico da arquitectura gótica.

Bóveda de cruzaría ou oxival: é a cuberta que xurde do cruzamento de dous arcos apuntados que se cruzan en diagonal formando os nervios, cunha clave común.

Claristorio: ringleira de grandes ventás que forman o piso superior da nave dunha igrexa.

Cadro de xénero:Xénero pictórico que representa escenas e temas tomados da vida de acotío. Caracterízase polo seu grande realismo.

Deambulatorio ou xirola :Corredor que rodea a traseira do altar maior. Adoita ser prolongación das naves laterais nas igrexas de tres naves.

Frecha: é a altura do arco desde o seu arranque, ou liña de impostas, ata a clave.

Fresco: tipo de pintura mural que realízase sobre unha revocadura de cal húmido que serve de soporte para os diversos pigmentos disoltos en auga. Despois da primeira capa aplícase unha segunda consistente nunha capa de cal e outra de area. Esta mestura de cal e area recibe o nome de revocadura. A realización do fresco non permite rectificacións.

No fresco emprégase a sinopia, un debuxo preparatorio sobre a revocadura que permite fixar os contornos e marcar as xornadas nas que se realizará a obra.

Gablete: elemento gótico de estrutura triangular que coroa ventás e pórticos e non corresponde, coma o frontón clásico, ás vertentes dunha cuberta.

Escorzo: modo de representar unha figura que na realidade estaría disposta perpendicular ou oblicuamente ao plano en que foi representada. En realidade, toda perspectiva esixe a existencia dun escorzo, pero só se fala del cando é acusado"

Un dos escorzos máis atrevidos, cunha violenta perspectiva:

Choro sobre o Cristo Morto, de Andrea Mategna, cara a 1485

En definitiva, prodúcese unha "deformación" do obxecto representado, alterándose as súas proporcións, para adaptalos á perspectiva. Si estes escorzos son moi acusados, cun punto de vista estraño ou dificil, dicimos que é un escorzo violento.

Giotto utiliza os primeiros escorzos nos anxos na obra: planto pola morte de Cristo (Capella Scrovegni, Padua)

Oleo: técnica pictórica consistente en mesturar diversos pigmentos utilizando como aglutinante o aceite. Ao secarse máis lenteamente permite facer correccións e lógrase máis precisión que co temple. É o procedimento exclusivo a partir do século XVI. Pode utilizarse sobre táboa ou sobre lenzo.

Pináculo: remate saínte de forma piramidal moi utilizado na arquitectura gótica.

Rosetón: Vano circular calado con decoración de tracería e ás veces pechado con vidreiras de cores, que aparece sobre todo na arte medieval gótica.

Temple: técnica pictórica que utiliza pigmentos de cor que se mesturan con xema de ovo, dándolle un acabado brillante. No século XV engadiuselle aceite, formándose o temple graso, que é máis flexible.

Triforio: galeria que rodea a nave principal dun templo cristián, por enriba dos arcos das naves laterais e con vistas ao interior.