Santa Sofía

FICHA TÉCNICA

Nome: Basílica de Santa Sofía

Arquitectos:Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto.

Cronoloxía: 532-537 (s. VI)

Estilo: bizantino.

Tipoloxía: basílica destinada ao culto e a liturxía relixiosa.

Materiais:ladrillo e mármore.

Localización : Constantinopla, actual Estambul (Turquía).

Comentario

Máis información

Planta

Os artistas

Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto eran expertos en estática e cinética. Por aquel tempo acostumábase a elixir un teórico que idease o edificio -papel que cumpriu a perfección Antemio, instruído en pintura e escultura e que destacaba en xeometría descritiva- e un técnico que lle dese corpo á idea - Isidoro, profesor nas universidades de Alexandría e Constantinopla-.

Significado e influencias

Santa Sofía rompeu moldes e nunca foi copiada. Responde á idade de ouro da arte bizantina e á dinámica de construción de grandes edificios que implantou o triunfo do cristianismo. É unha síntese entre tradición clásica grecolatina e a tradición construtiva oriental; a primeira representada pola planta basilical, os piares de carga principais, e a grande escala do conxunto; e a segunda polo espazo central coroado por unha cúpula.

Santa Sofía legoulle á posterioridade o uso do sistema de pechinas a escala monumental para pasar da forma cadrada da base á circular da cúpula; futura constante da arquitectura bizantina e, máis adiante, da occidental.

Tamén lle deu o impulso definitivo ó mosaico, a técnica que mellor permitía explotar as posibilidades da luz e da cor no interior das igrexas bizantinas.