A Constitución de 1876

É unha Constitución continuista co constitucionalismo do século XIX español, cunha certa vontade ecléctica e

sintética, tomando principios da constitución do 37, 45 e 69. Vai ter unha gran importancia porque vai ser a

Constitución con máis vixencia da historia do Constitucionalismo español: 1876-1931.

CARACTERÍSTICAS

  • Soberanía compartida. Gran poder do rei.

  • Dous cámaras: o senado vitalicio e electivo (os grandes contribuíentes)

  • Gran importancia do poder executivo, que recae no rei e o goberno; o lexislativo nas cortes e o rei.

  • Liberdades e dereitos como a do 69, pero a súa aplicación práctica remitiuse a leis posteriores que as restrinxiron, sobre todo a liberdade de prensa.

  • Estado confesional, pero respectando o resto das relixións.

É unha constitución conservadora, que contribuíu a dar a estabilidade característica do período.

1 - O sistema político. (00:00-09:02)

2.- A Constitución de 1876. (09:02-10:14)

3.- As oposicións ao sistema: carlismo e Obrerismo. (10:14-18:15)

Don Alfonso XII, pola graza de deus, Rei constitucional de España; ...sabede: Que en unión e de acordo coas Cortes do Reino actualmente reunidas, viñemos en decretar e sancionar a seguinte Constitución...

Art. 4.- Ningún español nin estranxeiro poderá ser detido sen nos casos e na forma que as leis

prescriban.

Art. 11.- A relixión Católica, Apostólica, Romana, é a do Estado. A Nación obrígase a manter o culto e os seus ministros. Ninguén será molestado en territorio español polas súas opinións relixiosas, nin polo exercicio do seu respectivo culto, salvo o respecto debido á moral católica.

Art 18.- A potestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei.

Art. 19.- As Cortes compóñense de dous Corpos Colexisladores, iguais en facultades: o Senado e o Congreso dos Deputados.

Art. 20.- O Senado estará composto. 1º. De senadores por dereito propio. 2º. De senadores vitalicios nomeados pola Coroa. 3º. De senadores elixidos polas corporacións do Estado e maiores contribuyentes na forma que determine a lei.

VOLTAR