Bipartidismo e quenda pacífica

Fundamentos doutrinais do sistema canovista

  • A constitución interna é produto da historia de España e esta formada polas dúas institucións tradicionais: monarquía hereditaria e as cortes, que son as depositarias da soberanía e a tradición histórica. A Monarquía hereditaria e as cortes, son máis importantes que a Constitución.

  • Canovas elimina o papel preponderante do partido conservador e impón un bipartidismo ao estilo inglés que dá forma democrática ao seu sistema.

  • Só gobernaron dous partidos políticos, leais á Coroa, chamados partidos dinásticos, ambos liberais e apenas diferenciados na ideoloxía: o conservador e o liberal. Están de acordo en non elaborar leis que uno dos dous partidos poida derrogar cando chegue ao goberno e en respectar as leis que o outro cre.

  • Tralo Pacto do Pardo (1885 trala morte do monarca Alfonso XII) os dous partidos (conservadores e liberais) vanse a turnar pacíficamente.

  • O protagonismo militar debe desaparecer da vida política. Os militares deben retirarse aos seus cuarteis.

  • O caciquismo substitúe ao pronunciamiento como forma de cambio de goberno.Cánovas do mesmo

xeito que os dous principios anteriores vai conseguir tamén o protagonismo civil.

Constitución interna

Este é un concepto conservador que supón colocar ás cortes e a monarquía española por encima doutra institución democrática. Estas dúas institucións non son produto directo da soberanía nacional, senón da tradición.

Bipartidismo ou turnismo

Cánovas tan admirador do modelo inglés impuxo este sistema. Trátase de dous partidos que se turnan pacíficamente e que son unha das bases do sistema. Coa existencia deste bipartidismo garántense as formas democráticas e evítase identificar a coroa cun único partido. Os cambios faríanse de forma pacífica previo pacto entre eles, o rei nomearía un novo presidente de goberno e inmediatamente convocábanse eleccións. Estas eran gañadas polo novo partido no poder, para iso estaba o caciquismo.

Protagonismo civil

O periodo actual e o da Restauración foron os únicos da historia de España contemporánea onde o protagonismo civil estivo por encima do militar. Estes tres principios conseguiron dotar ao sistema dunha estabilidade e tranquilidade no sistema político bastante importante. Iso si, para conseguila foi necesario recorrer ao caciquismo. A madurez política dese momento impoñía esa circunstancia.