Dorífero de Policleto

Ficha técnica

Título: Dorífero

Autor: Policleto (480-420 a.C.)

Cronoloxía: 440-430 a.C.

Estilo: grego clásico

Material: bronce (copia mármol)

Tema: o Dorífero é a imaxe idealizada dun atleta que camiña coa lanza apoiada no ombro.

Policleto foi o único escultor ateniense do perído clásico cuxo recoñecemento artístico non quedou relegado a un segundo plano, ofuscado pola brillantez da Atenas de Pericles. Os seus estudos sobre a beleza ideal do corpo humano en termos de simetría marcaron a escultura contemporánea e posterior.

Policleto formulou nun tratado artístico,o Canon, un conxunto de reglas, elaboradas a partir de cálculo matemáticos, que tiñan como obxectivo a representación perfecta do corpo humano.

O principal obxectivo do libro era atender aos aspectos propios da simetría, é dicir, da proporción das diferentes partes que conforman a anatomía. A unidade do sistema de medidas proposto foi o dedo; o resto de membros do corpo debían gardar unha correspondencia exacta con él. As proporcións máis coñecidas son as da altura da cabeza, que debía ser sete veces menor que a do corpo, e a altura do rostro, que debía estar composto por tres partes de igual tamaño: a fronte, a zona comprendida entre a fronte e o nariz, e a zona que vai dende esta ata o queixo.

Comentario

Obra típica do período clásico do s. V a C., representa un momento culminante dentro da evolución da escultura grega. Conservamos poucas obras do artista, Policleto. Pertence á escola de Argos e traballa nos anos de Fidias (entre o 460 e o 420 a. C.), aínda que como escultor do bronce. As súas obras orixinais non se conservan, pero si boas copias en mármore encargadas por clientes de Roma, como é o caso da obra que comentamos (a copia máis destacada é a do Museo de Nápoles procedente de Pompeya). Terá continuadores no século IV a. C. Ata en Roma, vese o seu estilo en obras como o Augusto de Prima Porta.

Descrición formal

Imaxe tallada en mármore branco, de vulto redondo, exenta, copia dun orixinal en bronce. Doríforo significa o que leva lanza. Trátase dun atleta vencedor, que algúns queren recoñecer como Aquiles. A obra ten merecida fama ao ser un exemplo dos trazos que caracterizaron á escultura clásica grega.

En primeiro lugar, o dominio técnico alcanzado polo escultor, auténtico mestre na representación do corpo espido masculino, o que lle permite reflectir dun xeito máis natural a anatomía, redondeándose a musculatura propia dun atleta. Aquí aínda se intúe certa sencillez que remite a formas xeométricas. As liñas do peito e do baixo ventre están moi marcadas, formando segmentos dun óvalo. A forma esférica da cabeza fixo recordar que Platón defendía que os deuses deran esa forma á zona máis nobre do ser humano como imaxe da figura do universo. Así o pelo cínguese ao cráneo para non romper o contorno esférico.

En segundo lugar, o máis destacado del é o Canon ou cálculo de proporcións medido polo escultor, para conseguir unha imaxe de beleza ideal, baseada no estudo da natureza. O tratamento anatómico está supeditado o cálculo matemático.A proporción consiste en que o corpo completo mide 7 cabezas. Fixo tamén o cálculo do rostro, que se divide en tres partes iguais, sinaladas polas cellas, a base do nariz e o mentón.

O equilibrio e harmonía dos movementos conséguese mediante o "contraposto", posición máis natural dun corpo en repouso, que consiste en flexionar unha perna deixando ríxida a outra, o que inclina ligeramente a liña das cadeiras e ombreiros. Igualmente mantén ríxido un brazo mentres flexiona o outro. Policleto perfecciona esta actitude iniciada xa por escultores anteriores ao levar máis atrás a perna que descansa e tocar o chan só cos dedos do pé. Deste xeito a figura gaña en profundidade (ao que contribúe tamén o brazo que leva a lanza) e dá unha maior impresión de vida. A cabeza vira lixeiramente cara á esquerda rompendo coa frontalidade, aínda que a figura está concibida para observarse desde un único punto de vista principal (unifacialidade). O movemento do atleta é tranquilo: parece andar co seu lanza na man dereita apoiada no ombreiro e busca expresar á vez vitalidade e serenidade, dous ideais do clasicismo. Non se renuncia pois á placidez e calma que emanaba xa das obras do período arcaico. A expresión do rostro máis ben serio e abstraído está pouco acusada.

Significado

A teoría máis aceptada é que se trata dun atleta vencedor, representado nunha escultura votiva ou agasallo para un templo. Non conservamos a obra orixinal propia de Policleto (século V a C.) O vencedor agradece aos deuses a súa axuda para a vitoria. O templo era o lugar onde se celebraban competicións sagradas propias e exclusivas dos homes; competían espidos, tal como reflicten as súas imaxes. Cando un atleta lograba tres vitorias, tiña dereito a unha estatua en honor do deus do lugar, generalmente Apolo ou Zeus.

A obra busca ao mesmo tempo mostrar a beleza física e o equilibrio espiritual, adecuado a un atleta vencedor, un ser que consideraban protexido polos deuses; o rostro móstrase pensativo, como noutro mundo, de acordo co obxectivo do artista clásico, o reflexo da "sofrosine".

Policleto distinguiuse, ademais, por unha vocación teorizante cun afán didáctico. Parece pois que a obra buscou voluntariamente exemplificar a teoría desenvolvida por Policleto no seu libro chamado "Kanon" ("norrma"), sobre as proporcións ideais do corpo humano, a relación armónica das partes, unhas con outras e cada unha co conxunto (un dedo co antebrazo, este con o brazo,), por iso é polo que tamén a escultura sexa coñecida co nome do "canon".